Eva Fjellerup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eva Fjellerup
Nacemento30 de abril de 1962
 Gentofte
NacionalidadeDinamarca
Ocupaciónesgrimista
editar datos en Wikidata ]

Eva Fjellerup, nada en Gentofte o 30 de abril de 1962, é unha pentatleta e tiradora de esgrima danesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fjellerup criouse en Blovstrød ao norte de Copenhaguen. Comezou a practicar natación adestrada pola campioa dos anos trinta Ragnhild Hveger, pero cambiou ao péntatlon moderno con dezaseis anos, entrando no equipo feminino danés en 1978. En 1987 estableceuse en Estocolmo para prepararse na Bosöns Idrottsfolkhögskola, escola deportiva de alto rendemento. Alí fixo grandes progresos, en esgrima adestrouna o mestre de armas, medallista olímpico húngaro e adestrador do equipo sueco Béla Rerrich. En 1990 gañou o seu primeiro campionato do mundo de péntatlon moderno, aos que seguiron os de 1991, 1993 e 1994 e cinco campionatos nacionais ( 1989, 1990, 1992, 1994 e 1995). Así como as Copas do Mundo de 1994 e 1996. Fjellerup tamén formou parte do equipo danés de tríatlon. Nos Xogos Olímpicos de 1996 non formaba parte do programa olímpico ningunha proba de péntantlo moderno feminino, así que Fjellerup cualificouse para os Xogos en esgrima, competindo en espada quedando no posto 32.

Foi presentadora durante algún tempo do programa deportivo B&U Sport da Danmarks Radio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]