Eva Cernadas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (55/56 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | investigadora |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (2006–) Universidade de Vigo (2000–2006) Universidade de Estremadura (1997–2000) |
Eva Cernadas García, nada na Coruña en 1969,[1] é unha científica galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Eva Cernadas é Profesora titular da área de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial e investigadora vinculada ó Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) na Universidade de Santiago de Compostela . Investiga no deseño de novas técnicas de visión por computador e aprendizaxe automática para resolver problemas nos ámbitos da bioloxía, tecnoloxía dos alimentos ou medicina.[2] Foi pioneira na utilización da intelixencia artificial para a predición da calidade de lombos e xamóns.
Gañadora do segundo premio á introdución da perspectiva de xénero na docencia en intelixencia artificial. Participa na promoción da igualdade deseñando obradoiros no programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole[3] ou promovendo o concurso Informatízate para estudantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eva Cernadas". IEEE Xplore (en inglés).
- ↑ "Eva Cernadas presenta a súa investigación ante a comunidade médica". citius.gal. Consultado o 2023-11-16.
- ↑ "Unha enxeñeira ou científica en cada cole". unhaencadacole.gal. Consultado o 2023-02-25.