Beatriz Fraga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beatriz Fraga
Beatriz Fraga 2021.jpg
Nacemento1967
Lugar de nacementoCarballo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra, escritora, tradutora e editora
editar datos en Wikidata ]

Beatriz Fraga Cameán, nada en Carballo en 1967, é unha escritora e profesora de Educación Primaria galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traduciu para o galego Heidi (2000) e Pinocchio (2000), da serie Movil Books (Sotelo Blanco Edicións), e Dadahwat (Lendas indias norte­americanas) (Galaxia-Editores Asociados). Tamén para Editorial Galaxia, realizou as actividades didácticas e a tradución de varios títulos da colección ­Espazos. No ano 2009, publicou Marcelo o morcego, conto para nenos no que experimenta coa prosa rimada, o humor e o cuestionamento dos roles. Co relato “Un sitio perfecto para o peixe globo”, participou no proxecto literario colectivo Contos de taberna, organizado polo Concello de Carballo e recollido posteriormente no libro do mesmo título (Edicións Embora, 2014).

Xunto con Carlos Lema creou Euseino? Editores. Forma parte, como fundadora e vicepresidenta, do Padroado da Fundación Euseino?

Obra[editar | editar a fonte]

Ficción[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A representación da Bela Dormente a través da indumentaria. Da pintura prerrafaelita ás "imageries" de Warja Lavater. (Euseino? Editores, 2020).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]