Euronews
Euronews | |
---|---|
Inicio das emisións | 1 de xaneiro de 1993 |
Propiedade de | Euronews S.A. |
País | Países da Unión Europea |
Área de emisión | Mundial |
Sede central | Lión, Francia |
Na rede
| |
euronews.com | |
Euronews é unha canle de televisión europea producida por EuronewsNBC e adicada integramente á información.
Características
[editar | editar a fonte]Pódese recibir, vía satélite, en toda Europa e no norte de África, e, pola televisión por cable, en boa parte do mundo (102 países), en especial en Norteamérica. Euronews tamén se emite a través dalgunhas canles nacionais a certas horas do día. A través de acordos de distribución esta canle paneuropea pódese ver en máis de 120 países.
Euronews foi escollida pola Unión Europea (UE) para tratar temas relativos ás institucións da mesma - ten que consagrar polo menos unha décima parte do seu tempo de emisión respecto diso - e a Europa en xeral. Neste sentido ten unha misión de servizo público europeo, e recibe unha subvención anual de cinco millóns de euros.
O consorcio Euronews, fundado en 1992, reúne doce cadeas nacionais: RTVE (España), France Télévisions (Francia), RAI (Italia), RTP (Portugal), RTBF (Bélxica), TMC (Mónaco), YLE (Finlandia), ERT (Grecia), CYBC (Chipre) e ERTV (Exipto). A súa sede é Lión (Francia).
A idea de crear unha cadea europea de noticias xurdiu en 1991, cando a cobertura exclusiva da primeira guerra de Iraq pola cadea estadounidense de noticias CNN puxo de manifesto a hexemonía deste país e por conseguinte o atraso europeo no dominio da información televisiva internacional.
Outras cadeas uníronse ao proxecto: ArmNews.Eu (Armenia), CT (República Checa), ENTV (Alxeria), ERTT (Tunisia), PBS (Malta), RTÉ (Irlanda), RTVSLO (Eslovenia), RTR (Rusia), NTU (Ucraína), SSR-SRG (Suíza), TVR (Romanía) e TV4 AB (Suecia). A británica ITN participa no contido das emisións. A SECEMIE é a sociedade dona e produtora de Euronews, mentres que SOCEMIE, filial da anterior, é o operador.
As emisións empezaron o 1 de xaneiro de 1993. Emite en sete idiomas: español, italiano, francés, alemán, inglés, portugués (desde 1999) e ruso (desde 2001), vinte e catro horas ao día. Durante un ano emitiu tamén en árabe.
Información
[editar | editar a fonte]Aínda que o idioma pódese cambiar, son as mesmas imaxes para todos os europeos. Os seus bloques informativos son de 30 minutos, e constan dos seguintes apartados:
- News: son as noticias de ámbito xeral.
- Economía: a actualidade do mundo dos negocios.
- Sport: noticias deportivas.
- Europa: noticias e información sobre a UE.
- Europeans: reportaxes sobre os cidadáns da UE e países veciños.
- Le Mag: reportaxes e noticias sobre moda, tendencias...
- Pass: responde a cuestións europeas.
- No comment: ensina imaxes pero sen comentarios.
- Meteo: información meteorolóxica.
- Perspectivas: nos fins de semana, ensina como se comenta unha mesma noticia en diferentes países europeos (normalmente aparece TVE, RAI e televisións de Francia e Suíza).