Eurocopter EC 130

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eurocopter EC 130
Tipohelicóptero utilitario lixeiro
FabricanteEurocopter
Airbus Helicopters
Primeiro voo24 de xuño de 1999
Introducido2001
Produción1999 - presente
Unidades construídas700

O Eurocopter EC 130 (agora Airbus Helicopters H130) é un helicóptero utilitario lixeiro dun só motor desenvolvido a partir do anterior Eurocopter AS350 Écureuil, sendo un dos cambios principais a adopción dun dispositivo anti-torque Fenestron en lugar dun rotor de cola convencional. Foi lanzado e producido polo Grupo Eurocopter, que máis tarde sería rebautizado como Airbus Helicopters.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1980 houbo un considerable interese no fabricante aeroespacial francés Aerospatiale en seguir desenvolvendo a súa serie de helicópteros AS350 Écureuil, que fora desenvolvida orixinalmente a principios dos anos 70. O 6 de febreiro de 1987 un prototipo AS350 Z (un AS350 B2 modificado) realizou o seu primeiro voo cunrotor de cola Fenestron en lugar dun convencional. O programa de probas do AS350 Z estendeuse varios anos, recibindo a aeronave modificacións adicionais como unha nova entrada de aire baseada na do Eurocopter EC120. O AS350 Z contribuíu ao desenvolvemento global do rotor de cola Fenestron.[1]

A principios dos 90 Eurocopter continuou o desenvolvemento do novo helicóptero, tras fusionarse Aerospatiale na organización multinacional Eurocopter Group. O 24 de xuño de 1999 o primeiro prototipo do EC130 realizou o seu voo de estrea, sendo voado dende un aeródromo francés por Steven Page, un piloto de probas australiano. Os principais cambios con respecto ao AS350 anterior incluíron a adopción dun sistema hidráulico dual, o dispositivo anti-torque Fenestron pechado e un amplo corpo principal para proporcionar unha cabina cun espazo interior considerablemente maior.[2][1]

O EC130 deseñouse en estreita cooperación con operadores turísticos, sendo un deles, Blue Hawaiian Helicopters, o cliente de lanzamento do modelo. O novo helicóptero tiña unha cabina espazosa que podía acomodar ata 7 turistas e poporcionar unha excelente visibilidade exterior. En 2001 o EC130 entrou en servizo con Blue Hawaiian, sendo usado para tours aéreos en zonas como Hawai e o Gran Canón.[2] O EC130 está dirixido principalmente a operadores comerciais de transporte de pasaxeiros, como empresas de turismo aéreo, mentres que o AS350 anterior continuou producíndose e comercializándose no seu lugar para operacións de servizos públicos.[3]

H130 en Suíza

Vertical Magazine describiu o EC130 como "un dos helicópteros monomotor de maior éxito no servizo médico aéreo".[4]

En febreiro de 2012 Eurocopter desvelou formalmente o EC130 T2, unha variante actualizada do EC130 cun motor turboeixo Turbomeca Arriel 2D máis potente. O 70% da fuselaxe do EC130 T2 difería do modelo inicial, adoptáronse cambios para mellorar as condicións dos pasaxeiros como un sistema de control activo de vibracións e mellores sistemas de aire acondicionado, e afirmouse que o consumo de combiustible reducírase un 14%.[5][6] En 2012 Eurocopter recibiu pedidos de 50 EC130 T2 de Maverick Helicopters, e outros clientes, como Papillon e Blue Hawaiian, levaron o total da orde da nova variante a 105.[2][7]

O EC130 T2 entrou en servizo en 2012.[4] En 2013 Airbus Helicopters informou que ese ano fabricaría 50 helicópteros EC130 T2, e que agardaba aumentar a cantidade ata os 65 por ano a partir de 2014.[8] En agosto de 2013 a filial vbrasileira de Airbus Helicopter, Helibras, montou o seu primeiro EC130 T2;[9] o primeiro EC130 T2 montado en Australia apareceu en decembro de 2013.[10]

En 2021 Airbus probou unha asistencia eléctrica híbrida nun H130 para estender o tempo de reacción ata 30 segundos durante a transición á autorrotación despois dunha avaría do motor.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "1974 : ecureuil helicopter, fennec helicopter - Eurocopter, an EADS company". web.archive.org. 2015-12-26. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2015. Consultado o 2024-05-13. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Pacific Crown Helicopters Completes Fit Out Of Australia’s First EC130T2" (PDF). Airwaves 2 (11): 11. decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. 
  3. Dubois, Thierry. "Helicopters H130 Finds New Application in Aerial Work". Aviation International News. Consultado o 2024-05-13. 
  4. 4,0 4,1 "Airbus Helicopters sets high bar with EC130 T2". Vertical Mag (en inglés). Consultado o 2024-05-13. 
  5. Trimble, Stephen. "HELI-EXPO: PICTURE - Eurocopter unveils T2 upgrade for EC130". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-05-13. 
  6. "Airbus Helicopters' EC130 T2 enters the Indian market". Vertical Mag (en inglés). Consultado o 2024-05-13. 
  7. Moorman, Robert. "Recovery: Real or imagined?" Rotor & Wing, marzo de 2012, p. 30
  8. "Multi-Function People Mover". Vertical Magazine. 2014-07-23. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 2024-05-13. 
  9. Donald, David. "New EC130T2 Helicopter Makes Brazilian Debut". Aviation International News. Consultado o 2024-05-13. 
  10. "Eurocopter to demo EC130T2 around Australia". Australian Aviation (en inglés). Consultado o 2024-05-13. 
  11. Rogers, David (2021-09-23). "Airbus tests new engine back-up system". RotorHub International (en inglés). Consultado o 2024-05-13.