Anaconda común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Eunectes murinus")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anaconda común
Eunectes murinus2.jpg
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Boidae
Subfamilia: Boinae
Xénero: Eunectes
Especie: E. murinus
Nome binomial
'Eunectes murinus'
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia [1]
  • [Boa] murina Linnaeus, 1758
  • [Boa] Scytale Linnaeus, 1758
  • Boa gigas Latreille, 1802
  • Boa anacondo Daudin, 1803
  • Boa aquatica Wied-Neuwied, 1824
  • Eunectes murinus Wagler, 1830
  • Eunectes murina Gray, 1831
  • Eunectes murinus Boulenger, 1893
  • Eunectes scytale Stull, 1935
  • [Eunectes murinus] murinus
    Dunn & Conant, 1936
  • Eunectes barbouri
    Dunn & Conant, 1936
  • Eunectes murinus murinus
    – Dunn, 1944

A anaconda común[2][3] (Eunectes murinus) é unha serpe constritora da especie das boas.

Cunha lonxitude que nas femias pode superar os sete metros de lonxitude, e un grosor que pode acadar os trinta centímetros, este animal pode chegar a pesar ata douscentos cincuenta quilogramos. Rivaliza co pitón reticulado polo título de serpe máis grande. Cunha alimentación estritamente carnívora, pode chegar a engulir caimáns de talle medio, capibaras adultas (o roedor máis grande que existe, con ata sesenta quilos de peso), felinos etc.

Habita á beira das augas ou mergullada en ríos e lagos, primordialmente nas cuncas do Amazonas e do Orinoco, pois ten unha grande habilidade natatoria. Animal ovovivíparo ten niñadas de 20 ou 40 exemplares que nacen en febreiro ou marzo[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McDiarmid RW, Campbell JA, Touré T. 1999. Snake Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, Volume 1. Herpetologists' League. 511 pp. ISBN 1-893777-00-6 (series). ISBN 1-893777-01-4 (volume).
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anaconda.
  3. Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 1. A-B. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 233. ISBN 84-95335-45-X
  4. Robert Burton International Wildlife Encyclopedia, Marshall Cavendish, 2002, páxina 44