Eulagos (subxénero)
Eulagos | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lepus (Eulagus) europaeus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Eulagos é un subxénero de mamíferos lagomorfos da familia dos lepóridos pertencente ao xénero Lepus, que comprende seis especies de lebres.
Características
[editar | editar a fonte]O subxénero comprende seis especies de lebres,[1][2] (aínda que algúns autores lles atribúen dez),[Cómpre referencia] que se caracterizan por ser de bo tamaño (xeralmente de ao redor de medio metro ou máis, até os 70 cm de lonxitud da lebre europea, o lagomorfo máis grande vivo actualmente), de aparencia delgada, patas longas e delgadas, cos pés posteriores alongados, cabeza grande e alongada e orellas longas con tendencia a ensanchárense na parte distal.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O subxénero foi definido en 1867 polo naturalista británico John Edward Gray.[1][2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Eulagos está formado polos elementos do latín científico eu- e -lagos. O primeiro deriva do correspondente, e moi utilizado, do grego antigo εύ- ou εὕ-, tirado do adverbio εὗ ou ἐΰ, 'ben', 'xusto', 'exacto'; e o segundo, do nome do grego antigo λαγώς lagṓs, 'lebre'. Literalmente: 'as lebres auténticas', ou 'as lebres verdadeiras'.
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense neste subxénero as seis especies seguintes:[1][2]
Subxénero Eulagos
- Lepus castroviejoi Palacios, 1977
- Lepus comus Allen, 1927
- Lepus coreanus Thomas, 1892
- Lepus europaeus Pallas, 1778
- Lepus mandshuricus Radde, 1861
- Lepus starcki Petter, 1963
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Eulagos Gray, 1867 en MSW.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Lepus (Eulagos) Gray, 1867 no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eulagos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.