Eugenio López Aydillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eugenio López-Aydillo»)
Infotaula de personaEugenio López Aydillo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de decembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2410220

Eugenio López Aydillo, nado en Ourense en 1888 e finado en Oviedo o 8 de decembro de 1965[1], foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Ourense, dende moi novo alternou os estudos co traballo xornalístico. En 1907 comezou a súa actividade con Solidaridad Gallega e posteriormente participou con Alfonso Alcalá Martín no proxecto de editar en Madrid o semanario Galicia Española en marzo de 1908, que finalmente non viu a luz;[2] colaborou con xornais madrileños como Heraldo de Madrid, La Iberia e El Gran Bufón. Dirixiu o xornal El Miño e fundou e dirixiu o quincenario Mi Tierra. Participou no Manifesto de Ourense (1912) con Basilio Álvarez, José Rodríguez Pavón e Ramón Fernández Mato.

En 1913 trasladouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras. En 1917 fíxose cargo da cátedra de Historia da Universidade de Valladolid. Seguiu colaborando na prensa converténdose en director de Acción Gallega, escribindo en Vida Gallega, La Voz de Galicia, Estudios Gallegos, Suevia e sendo correspondente de Ideas.

Durante a República participou no inicio da actividade xornalística de El País, colaborou en Faro de Vigo e El Eco de Santiago e impartiu a única das conferencias do ciclo de actividades que tiña prevista a Asociación de Escritores de Galicia o 16 de xullo de 1936.

Funcionario de Facenda, no franquismo foi xefe da Delegación de Facenda de Oviedo e colaborou en La Región.

Obra[editar | editar a fonte]

Eugenio López Aydillo (1933).
  • Galicia ante la solidaridad, 1907.
  • País de abanico. Teatro de ensueño, 1912.
  • Las mejores poesías gallegas, 1914.
  • Los grandes poetas gallegos. Valentín Lamas Carvajal (en colaboración con José Palacios), 1925.
  • Los cancioneros gallegos portugueses como fuentes históricas. Con un glosario de voces del gallego arcaico, 1923.
  • Presencia de Galicia en la historia de España, 1950.

Novela[editar | editar a fonte]

  • En la masa de sangre, 1918.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 8 de diciembre de 1965
  2. El Norte de Galicia, 22-2-1908, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]