José Rodríguez Pavón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Rodríguez Pavón
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1941 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Rodríguez Pavón, finado en Ourense o 6 de xaneiro de 1941, foi un político galego

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Curmán de Basilio Álvarez. Asentado en Cudeiro, no concello de Canedo. Foi un dos asinantes do Manifesto de Ourense da Liga Acción Gallega (1912) con Basilio Álvarez, Eugenio López Aydillo, Ramón Fernández Mato, Manuel Lustres Rivas e Javier Montero Mejuto, participou nalgúns mitins, como o do Carballiño de agosto de 1912, e foi presidente do Comité Ejecutivo Regional Agrario (1915).[1] Foi militar, alcanzado a gradación de tenente, e despois retirouse. Foi concelleiro de Ourense en 1923 e mantivo o seu posto na ditadura de Primo de Rivera.[2] Foi xerente da Cooperativa Cívico Militar de Ourense instalada no parque de San Lázaro. Na Segunda República foi elixido presidente da Federación Republicana de Ourense.[3]. En xuño de 1934 formou parte da comisión organizadora do Centro Basilista de Ourense.[4] Presionado dende 1934 tivo que deixar o uniforme e a casa refuxiándose coa súa filla María Rolindes, mestra en Silleda. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a sÚa muller e a filla Raida foron rapadas e paseadas polo centro de Ourense. O seu fillo Álvaro fuxiu e estivo en Francia nun campo de refuxiados e o fillo menor José "Pepito", que xa fora multado por pintar edificios de Ourense en 1934, foi fusilado no campo de concentración de Ceares (Xixón) en 1938. Finou en Ourense o 6 de xaneiro de 1941.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa mestra Ramona Seijo Pérez, e foi pai de María Rolindes, Aníbal, Raida, Álvaro, Modesto e José Rodríguez Seijo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo de Galicia, 10-12-1915, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 6-4-1924, p. 9.
  3. El Pueblo Gallego, 1-9-1931, p. 10.
  4. La Región, 16-6-1934, p.
  5. Necrolóxica en La Región, 7-1-1941, p. 2.