Eucharia Oluchi Nwaichi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEucharia Oluchi Nwaichi
Biografía
Nacementoséculo XX
Estado de Abia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNixeria Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Port Harcourt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbioquímica , toxicóloga Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversity of Port Harcourt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Next Einstein Forum (pt) Traducir (2019–2021)
AAS Affiliates Programme (en) Traducir (2016–2020) Editar o valor em Wikidata

Eucharia Oluchi Nwaichi é unha bioquímica ambiental, científica do solo e toxicóloga nixeriana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa investigación céntrase na xestión de residuos, a prevención da contaminación e a fitorremediación, que implica o tratamento dos problemas ambientais (biorremediación) a través do uso de plantas locais que mitiguen o problema ambiental sen a necesidade de escavar o material contaminante e desfacerse del noutro lugar. É unha experta en eliminación de metais pesados tóxicos como o cadmio, cobre, mercurio, chumbo e o arsénico da terra contaminada.[1] É doutora en Bioquímica pola Universidade de Port Harcourt, onde é profesora titular.[2] Antes de unirse aos servizos da Universidade de Port Harcourt, traballou na compaía Dangote (2003-2004) e a Shell Petroleum Company de 2009 a 2010.[3][4][5][6]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

No ano 2013 foi recoñecida nos premios L'Oréal-UNESCO de Ciencias Físicas na categoría "Membros internacionais".[6]É membro de varias organizacións académicas, como a Organization for Women in Science for the Developing World (OWSD) , a American Chemical Association, a Sociedade Internacional para a Tecnoloxía Ambiental, e o Instituto Nixeriano de Administración.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eucharia Oluchi Nwaichi Port harcourt studies how to remove arsenic and copper from polluted soil". Star Africa. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Dr. Eucharia Oluchi Nwaichi - Department of Biochemistry" (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  3. Bibliotheca Alexandrina Conference Center (ed.). "Scientific Innovation in the Developing World: From Theory to Practice" (PDF). TWAS/BVA.NXT 2012. Consultado o 3 abril de 2017. 
  4. "Two Nigerian Scientists bag UNESCO LOreal 2013 award". Vanguard News. Consultado o 3 de abril de 2017. 
  5. "Two Nigerian Scientists bag UNESCO LOreal 2013 award". Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  6. 6,0 6,1 "Nigerian Shines UNESCO Science Laureate wins-$100,000-NAN". Consultado o 13 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]