Alcione (estrela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eta Tauri»)
Alcyone, η Tau

Alcione é a estrela brillante do centro da imaxe.
Data de observación
Época X2.000      Equinoccio X2.000
Constelación Taurus
Ascensión recta 03h 47m 29.077s[1]
Declinación 24° 06′ 18.49″[1]
Magnitude aparente (V) 2,873[2]
Características
Tipo espectral B7IIIe[3]
Índice de cor U−B -0.35[4]
Índice de cor B−V -0.09[4]
Tipo de variable posible
Astrometría
Velocidade radial (Rv)10.1[2] km/s
Movemento propio (μ) RA: 19.34 ± 0.39[1] mas/ano
Dec.: -43.67 ± 0.33[1] mas/ano
Paralaxe (π)8.09[1]mas
Distancia403.15992583436 al
(123.60939431397 pc)
Magnitude absoluta (MV)-2.39
Detalles
Masa6[5] M
Raio8,2[6] R
Gravidade superficial (log g)3,5[6]
Luminosidade2,400[5] L
Temperatura12,753 ± 147[6] K
Rotación215 km/s[3]
Outras denominacións
η Tau, 25 Tau, HR 1165, HD 23630, BD+23 541, FK5 139, HIP 17702, SAO 76199, GC 4541, BDS 1875, CCDM 03474+2407
Referencias en bases de datos
SIMBADdatos

Alcione (η Tau, η Tauri, Eta Tauri) é un sistema estelar da constelación de Taurus. É a estrela máis brillente do cúmulo aberto das Pléiades, o cal é un cúmulo novo, que se estima que ten menos de 50 millóns de anos. Alcione está a aproximadamente a 400 anos luz da Terra.[1] O seu nome fai referencia á figura mitolóxica de Alcione, unha das Pléiades da mitoloxía grega. Tamén é coñecida coma 昴宿六 (a sexta estrela da cabeleira) en chinés.

Resumo[editar | editar a fonte]

A estrela principal, coñecida coma Alcyone A, é unha xigante branquiazul do tipo B semellante a moitas das outras estrelas do tipo B das Plêiades. Ten unha magnitude aparente de 2,87 (magnitude absoluta = −2,39), e un raio de case 10 veces o do Sol [5] A súa temperatura é de aproximadamente 13.000 K dándolle unha luminosidade total que é 2.400 veces a do Sol. O seu tipo espectral é B7IIIe que indica as liñas de emisión que están presentes no seu espectro. Coma moitas estrelas Be, Alcyone A ten unha velocidade alta de rotación, de 215 km/s,[3], o cal creou un disco gasoso que está en órbita ó redor do ecuador da estrela.

Sistema Estelar[editar | editar a fonte]

Alcione é unha binaria eclípsante, e as súas dúas compoñentes teñen unha separación de 0,031 arcosegundos, ou máis ou menos, a distancia que hai dende o Sol a Xúpiter.

A estrela binaria é orbitada por outras tres compañeiras. Alcione B e Alcione C son ananas brancas tipo-A de oitava magnitude e están separadas de A por 117 e 181 arcosegundos, respectivamente. Alcione D é unha anana branco-amarela do tipo-F, e está separada da súa primaria por unha distancia de 191 arcosegundos. Ten unha magnitude aparente de 8,7. Alcione C está clasificada coma unha variable Delta Scuti e o seu brillo varía da magnitude 8,25 a 8,30 en 1,13 horas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 van Leeuwen, F. (2007). "Validation of the new Hipparcos reduction". Astronomy and Astrophysics 474 (2): 653–664. Bibcode:2007A&A...474..653V. arXiv:0708.1752. doi:10.1051/0004-6361:20078357.  Vizier catalog entry
  2. 2,0 2,1 Centre de Données astronomiques de Strasbourg (ed.). "SIMBAD query result: ALCYONE -- Be Star". Consultado o 30-06-2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Centre de Données astronomiques de Strasbourg (ed.). "Bright Star Catalogue, 5th Revised Ed. (Hoffleit+, 1991)". VizieR. Consultado o 30-06-2010. 
  4. 4,0 4,1 Johnson, H. L.; Iriarte, B.; Mitchell, R. I.; Wisniewski, W. Z. (1966). "UBVRIJKL photometry of the bright stars." (PDF). Comm. Lunar Plan. Lab., 4. Bibcode:1966CoLPL...4...99J. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Professor James B. (Jim) Kaler. University of Illinois, ed. "ALCYONE (Eta Tauri)". Arquivado dende o orixinal o 07-07-2010. Consultado o 30-06-2010. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Underhill, A. B.; Divan, L.; Prevot-Burnichon, M.-L.; Doazan, V. (novembro de 1979). "Effective temperatures, angular diameters, distances and linear radii for 160 O and B stars". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 189: 601–605. Bibcode:1979MNRAS.189..601U. doi:10.1093/mnras/189.3.601. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]