Romance (estrofa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O romance é un tipo de estrofa lírica, caracterizada porque non está composta por un número fixo de versos, está formada por versos octosílabos, e ten rima asonante (só vogais) nos versos pares, quedando soltos os impares.

Uso[editar | editar a fonte]

Aínda que é a estrofa típica dos romances, coma no Romance de don Gaiferos:

Onde vai aquil romeiro,
Meu romeiro a onde irá
Camiño de Compostela.
Non sei se alí chegará.
Os pés leva cheos de sangue
Xa non pode máis andar.
Malpocado, pobre vello
Non sei se alí chegará.

tamén pode ter uso noutro tipo de poesía lírica, como a "Negra sombra" de Rosalía de Castro:

Cando penso que te fuches,
Negra sombra que me asombras!
Ao pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amosas
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa.

O seu uso é moi abondoso na poesía popular:

Chamáchesme moreniña,
á beira de tanta xente
que agoira vaime quedare
moreniña para sempre.