Lira (poesía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lira é unha estrofa de rima consonante e esquema 7a 11B 7a 7b 11B. É unha variante, en menos versos, da estancia fixada por Dante e Petrarca. Coa lira intentouse a imitación das estrofas curtas de Horacio. Empregada por Bernardo Tasso, foi introducida en España por Garcilaso de la Vega na súa "Ode ad florem Gnidi". Frei Luis de León e San Juan de la Cruz continuaron o seu cultivo.

Exemplos[editar | editar a fonte]

"O pastori felici
che d'un piciol poder lieti e contenti,
havete i cieli amici;
e lungi da le genti
non temete di mar'ira o di venti"

(Bernardo Tasso, "Loda de la vita pastorale", Rime, 1560)

"Si de mi baja lira
tanto pudiese el son que en un momento
aplacase la ira
del animoso viento
y la furia del mar y el movimiento..."

(Garcilaso de la Vega, "Ode ad florem Gnidi")

El aire el huerto orea
y ofrece mil olores al sentido;
los árboles menea
con un manso rüido,
que del oro y del cetro pone olvido.

(Frei Luis de León)

Chega hastra min, profunda
como a tétrica queixa lastimada
de cerva moribunda
solouzante e cansada,
a vos dorida da muller amada.

(Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra, 1880)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RODRÍGUEZ FER, Claudio (1991): Arte literaria, Xerais, Vigo.