Estratexia militar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Mapa onde se mostra o plan estratéxico da campaña de Waterloo.

A estratexia militar[1][2][3][4] (Estratexia, do grego stratigos ou strategos, στρατηγός, pl. στρατηγοί; en grego dórico: στραταγός, stratagos; literalmente significa: «líder do exército») é o plan xeral utilizado polas organizacións militares para intentar alcanzar os obxectivos fixados.[5]

A estratexia militar ocúpase do planeamento e dirección das campañas bélicas, así como do movemento e disposición estratéxica das forzas armadas. O pai da estratexia militar moderna, Carl von Clausewitz, definíaa como "o emprego das batallas para conseguir o fin da guerra".[6] Desta maneira, daba prioridade aos obxectivos políticos sobre os obxectivos militares, apoiando o control civil sobre os asuntos militares.

O xeneral (strategos) debe estar seguro de poder explotar a situación no seu proveito, segundo o esixan as circunstancias. Non está vinculado a procedementos determinados.
Capítulo VIII versículo 9 de A arte da guerra de Sun Tzu.

Nas guerras convencionais ten por obxecto dirixir as tropas no teatro de operacións ata levalas ao campo de batalla. É unha das tres facetas da arte da guerra, as outras dúas serían a táctica militar, que consiste na correcta execución dos pláns militares e as manobras das forzas de combate na batalla. O terceiro compoñente sería a loxística militar, destinada a manter o exército e asegurar a súa dispoñibilidade e capacidade combativa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gartner, Scott Sigmund, Strategic Assessment in War, Yale University Press, 1999.

Outros artigos[editar | editar a fonte]