Saltar ao contido

Estevo Uroš III Dečanski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEstevo Uroš III Dečanski

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sr) Стефан Урош III Дечански Немањић Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1276 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte11 de novembro de 1331 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Zvečan Fortress (Reino de Serbia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVisoki Dečani (pt) Traducir 42°32′48″N 20°15′58″L / 42.5467, 20.2661 Editar o valor en Wikidata
Rei
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSerbia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua serbia Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Velbazhd e Q12755977 Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de novembro Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Nemanjić Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTeodora Smilets da Bulgária
María Paleóloga (raíña de Serbia)
FillosTheodora Nemanjić (en) Traducir
 () María Paleóloga (raíña de Serbia)
Estevo Uroš IV Dušan
 () Teodora Smilets da Bulgária (pt) Traducir
Jelena Nemanjić Šubić (en) Traducir
 () María Paleóloga (raíña de Serbia)
Simeón Uroš
 () María Paleóloga (raíña de Serbia)
Dušman Nemanjić (en) Traducir
 () Teodora Smilets da Bulgária (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisEstevo Uroš II Milutin Editar o valor en Wikidata  e Ana Terter da Bulgária (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsAna Neda da Sérvia (pt) Traducir e Estêvão Constantino da Sérvia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Nemanja-3

Estevo VII Uroš III Dečanski Nemanjić, Estevo Uroš III Dečanski ou Stefan Uroš III Dečanski, (en serbio latino Stefan Uroš III Dečanski, en serbio cirílico, Стефан Урош Дечански III), nado contra 1285 e finado o 11 de novembro de 1331, foi rei de Serbia de 1321 até o 8 de setembro de 1331.

Tomou o seu nome, Dečanski, do gran Mosteiro de Visoki Dečani que construíu en Kosovo, e foi canonizado pouco despois da súa morte.[1]

Era fillo do rei Estevo Uroš II Milutin e Ana de Bulgaria. Os seus avós maternos eran Xurxo I de Bulgaria e María, irmá de Iván Asen III de Bulgaria.

Sendo aínda mozo foi enviado polo seu pai ás ordes do xeneral Nogai Khan, do Imperio da Horda de Ouro, e ao seu regreso encargouno do goberno do Principado de Zeta (aproximadamente o actual Montenegro).

Casou en primeiras nupcias con Teodora, filla de Smilets de Bulgaria e, posteriormente, coa princesa bizantina María Paleologina.

Segundo a lenda, en 1314 seu pai, despois dunha pelexa de Uroš, enviouno a Constantinopla para que o cegaran, pero conseguiu recupera a visión.[2]

En 1320 se lle permitiu regresar a Serbia e tivo que derrotar a varios pretendentes ao trono antes de ser coroado en 1321.

Entre eles estaba o seu medio irmán Stefan Constantino, a quen derrotou e matou en 1322, e o seu curmán Ladislau, a quen tamén derrotou e exiliou en 1324.

Os pretendentes buscaran apoio no exterior, e Uroš tivo que facer fronte a unha alianza de Bulgaria e o Imperio bizantino.

O emperador búlgaro Miguel III Shishman, da dinastía Asen, divorciouse de Ana, irmá de Uroš, e casou coa princesa bizantina Teodora Paleologina. A súa intención era unir as súas forzas para unha grande invasión de Serbia en 1330. Isto levou ao acontecemento máis importante do reinado de Uroš III, a Batalla de Velbazhd, na que derrotou aos búlgaros e morreu o seu emperador Miguel III.

A coroación de Stefan Dečanski.

Tras a derrota do seu aliado, o emperador bizantino Andrónico III Paleólogo optou por retirarse, dirixíndose cara obxectivos máis sinxelos.

As conquistas de Uroš III permitíronlle estender as fronteiras de Serbia cara ao sur, cara a Macedonia bizantina. Algúns dos seus cortesáns, porén, estaban descontentos coa súa política e conspiraron para destronalo en favor do seu fillo Dušan. Así, pasou os últimos días da súa vida no castelo de Zvecan, onde morreu, posibelmente asasinado, en 1331.[3]

Foi un gobernante moi relixioso e, en 1327, doou unha valiosa icona para a Basílica de San Nicolás, en Bari.[4] e a Igrexa ortodoxa serbia canonizouno. Os seus restos mortais permanecen na igrexa do Mosteiro de Visoki Dečani, que fixo construír en Kosovo. Como santo, conmemórase o 24 de novembro.

Predecesor:
Estevo Uroš II Milutin
Rei de Serbia
13211331
Sucesor:
Estevo Uroš IV Dušan
Emperador de Serbia
  1. Spsko Blago. King Stefan Decanski.[Ligazón morta]
  2. Merriam-Webster, Inc. Merriam-Webster's collegiate encyclopedia.
  3. Sedlar, Jean W., East Central Europe in the Middle Ages, 1000-1500, University of Washington Press, 1996, páx. 53.
  4. Centro Studi Nicolaiani. The Basilica of St. Nicholas in Bari. Arquivado 18 de xuño de 2010 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]