Saltar ao contido

Estación de Valencia-Joaquín Sorolla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación de Valencia-Joaquín Sorolla
Valencia Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Epónimo
 Estado de uso
Implicados
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
2010 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
2010 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Código de estación
03216 Editar o valor en Wikidata
 Estación de intercambio
 Estación adxacente
 Liñas ferroviarias
 Número de plataformas
9 Editar o valor en Wikidata
 Número de beiras
6 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

Valencia-Joaquín Sorolla é a estación ferroviaria de alta velocidade da cidade de Valencia. É unha estación provisional e de carácter terminal. Leva o nome do pintor Joaquín Sorolla, nado na cidade.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 397,55 da liña férrea de alta velocidade que une Madrid con Levante.

Situada no centro da capital valenciana, a 800 m ao sur da Estación do Norte foi construída entre 2008 e 2010 aproveitando as transformacións urbanísticas da cidade de principios do século XXI para instalarse nun extenso soar próximo á praia de vías. Inaugurouse o 18 de decembro de 2010.[1]

A estación

[editar | editar a fonte]

O edificio é de planta rectangular con dúas zonas claramente diferenciadas: o gran hangar, de planta igualmente rectangular, e o edificio de viaxeiros propiamente dito, de planta en U e alicerces independentes da estrutura do hangar.

As fachadas están ritmicamente desenvolvidas segundo módulos de policarbonato acristalado propio dunha estrutura provisional e desbotable como é esta. O proxecto e a dirección da obra correron a cargo dos arquitectos Luis Almeida Duarte e Elvira Puchades Gimeno e a xestión do proxecto a cargo de Jorge Bernabeu Larena e Elvira Puchades Gimeno da empresa ACXT/IDOM.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Longa Distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 2 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVEMadrid-Puerta de AtochaCuenca-Fernando Zóbel · Requena-UtielValencia-Joaquín Sorolla10/15 trens diarios por sentido
AVESevilla-Santa JustaCórdoba-Central · Puertollano · Cidade Real · Cuenca-Fernando ZóbelValencia-Joaquín Sorolla1 tren diario por sentido
AlviaMadrid-Puerta de AtochaAlbacete-Los Llanos · XàtivaValencia-Joaquín Sorolla6 trens semanais por sentido
AlviaMadrid-Puerta de AtochaCuenca-Fernando Zóbel · Valencia-Joaquín Sorolla · Sagunt · Castelló de la Plana · Benicàssim · Orpesa · Benicarló-PeníscolaVinaròs2 trens diarios por sentido
AlviaMadrid-Puerta de AtochaValencia-Joaquín Sorolla · CulleraGandia1 tren diario por sentido no verán
AlviaXixónOviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Valencia-Joaquín Sorolla · Sagunt · Castelló de la Plana · BenicàssimOrpesa6 trens semanais por sentido
EuromedBarcelona-Estació de FrançaBarcelona-Sants · Tarragona · Castelló de la PlanaValencia-Joaquín Sorolla7 trens diarios por sentido
EuromedBarcelona-SantsTarragona · Castelló de la Plana · Valencia-Joaquín SorollaAlacant-Terminal4 trens diarios por sentido

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 2 de xullo de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Avant Requena-Utiel <> Valencia-Joaquín Sorolla

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]