Estación de Torre Baró-Vallbona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estación de Torre del Baró")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°27′34.47″N 2°10′48.41″L / 41.4595750, -2.1801139

Torre Baró - Vallbona
Metro Barcelona station Torre Baro I Vallbona L11.JPG
Estación de metro
SituaciónBarcelona
ServizosAccesible PMR
Liñas
Media distanciaR12
CercaníasR3 R4 R7
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Metro
Barcelona Metro Logo.svg L11 barcelona.svg
BSicon CLRV.svg
Bus
MadridMetro-EMT.svg 51, 62, 76, 83, 96, 97, 104, 159, 115, N3 (Nitbus)

Torre Baró | Vallbona ou Torre del Baró é un intercambiador de metro e ferrocarril da cidade de Barcelona, situado nos barrios de Ciutat Meridiana e Torre Baró, no distrito de Nou Barris, e que tamén dá servizo ao barrio de Vallbona. Torre Baró | Vallbona é unha das cinco estacións da liña automática L11 do metro de Barcelona e a estación de Torre del Baró é propiedade de Adif e atópase na liña que une a capital con Manresa. Por ela circulan trens das liñas R3, R4 e R7 de Rodalies de Catalunya e a liña R12 de Media Distancia.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación da liña de Manresa foi construída durante a década de 1970 aínda que a vía férrea na que se atopa abriuse en 1862 cando se inaugurou a liña directa entre Montcada e a Estación do Norte de Barcelona. Antes, dende 1855, os trens tiñan que enlazar coa liña de Xirona para chegar á Estación de França de Barcelona.[1]

En 2003 inaugurouse a estación de metro coa chegada da L11, unha liña de metro lixeiro que se automatizou a finais de 2009 despois de instalar mamparas e cobertura na estación.[2]

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Estación de metro[editar | editar a fonte]

Orixe/destino << Liña >> Destino/orixe
Trinitat Nova Casa de l'Aigua L11 Ciutat Meridiana Can Cuiàs

Estación de Adif[editar | editar a fonte]

Orixe/destino << Liña >> Destino/orixe
Rodalies de Catalunya de Renfe
L'Hospitalet de Llobregat Sant Andreu Arenal R3 Montcada Bifurcació Granollers-Canovelles
La Garriga
Vic
Ripoll / Ribes de Freser / La Tor de Querol
Sant Vicenç de Calders
Vilafranca del Penedès
Martorell
R4 Terrassa
Manresa
Sant Andreu Arenal R7 Cerdanyola-Universitat
Media Distancia
L'Hospitalet de Llobregat Barcelona-Sant Andreu Arenal R12 Montcada Bifurcació Lleida Pirineus

Accesos[editar | editar a fonte]

  • Av. de l'Escolapi Càncer (L11)
  • Rúa Sant Feliu de Codines (L11)
  • Av. Vallbona (Adif)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Generalitat de Catalunya (ed.). "Conegueu la línia R4" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2010. Consultado o 22 de xullo de 2010. 
  2. Generalitat de Catalunya (ed.). "Afectacions en el servei de metro a l'L5, l'L2 i l'L11 aquest estiu". Consultado o 23 de xullo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]