Esponsiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsponsiano

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Sponsianus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementop. século II Editar o valor em Wikidata
Morteséculo III ↔ século IV Editar o valor em Wikidata
Emperador romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloImperator
Augusto (título) Editar o valor em Wikidata

Esponsiano (en latín, Sponsianus), crese que, foi un posible usurpador do Imperio romano que intentou apoderarse do trono durante a década de 240, probablemente durante o goberno de Filipe o Árabe ou Gordiano III. As únicas probas da súa existencia son dous áureos que, até agora, se pensaba que eran falsificacións do século XVIII. Despois dun estudo máis profundo dunha destas moedas no 2022, os investigadores consideran agora que foi unha persoa real que gobernou brevemente a provincia romana de Dacia, pero que se perdeu na historia escrita.[1]

Malia ser unha figura rexeitada durante moito tempo, hoxe, como consecuencia das modernas investigacións, acéptase a súa existencia histórica e, segundo Pearson, sería máis un comandante local (dux) que un usurpador típico do momento.[2]

Estado da cuestión[editar | editar a fonte]

A única evidencia atopada da existencia de Esponsiano é o seu nome en dous áureos. Un deles foi atopado en 1713 en Transilvania, e durante anos estivo pechado nun armario do Museo Hunterian da Universidade de Glasgow, onde tamén se gardaba outras tres moedas do tesouro orixinal.[3] O tesouro incluía outras moedas que levaban os nomes de Filipe o Árabe e Gordiano III. O segundo áureo, formaba parte do legado do barón Samuel von Brukenthal, un gobernador dos Habsburgo de Transilvania[1] e que se garda no Museo Brukenthal en Sibiu, Transilvania.


Nos dous casos, cando en 1863, Henry Cohen, o numismático da Biblioteca Nacional francesa estaba a realizar o seu catálogo de moedas romanas, rexeitounos afirmando que cría que eran "falsificacións modernas" de moi mala calidade.[1] Os problemas co áureo eran dous: en primeiro lugar, o anverso (cara) da moeda é "bárbaro e estraño" comparado cos existente en The Roman Imperial Coinage (un catálogo británico de moeda imperial romana) e o reverso (cruz), o lado da moeda parece ser unha copia dun denario republicano axustado no 135 a. C.[4]

Porén, segundo o antigo numismático Wayne Sayles, dado que os usurpadores e emperadores da época eran moitas veces efémeros, a falta de moedas non debe ser vista como unha evidencia de que Esponsiano non existise realmente.[5]

Áureo de ouro coa lenda "Imp(erator) Sponsian(us) // C(aesar) Aug(ustus)"

Investigación actual[editar | editar a fonte]

Durante 2021 e 2022, os científicos informaron de que as marcas de arañazos nesta moeda, visibles ao microscopio electrónico, demostraron que estaba en circulación hai uns 2.000 anos.[1] O profesor Paul Pearson do University College de Londres, dirixiu a investigación e declarou que estaba abraiado pola confirmación de que a moeda tivera uso.[3] Jesper Ericsson, director do Museo Hunterian, relarou que unha análise química tamén mostrou que as moedas estiveron enterradas no chan durante centos de anos,[1] sendo os restos de terra na moeda semellantes aos que se atopan despois dun longo período no chan.[6] Igualmente, outras raiaduras e marcas e os patróns de desgaste son indicativas das producidas noutras que estiveron en circulación.[7][8]

A partir da análise anterior, informaron aos investigadores no Museo Brukenthal, polo que o segundo áureo que leva o nome de Esponsiano, tamén foi reclasificada como xenuína.[9] As dúas moedas están referenciadas en The Roman Imperial Coinage, coa referencia RIC IV, III, p. 67[10]

Historia[editar | editar a fonte]

De ser lexítimo, baseándose nas outras moedas atopadas co áureo, situaría potencialmente o período de goberno de Esponsiano nalgún momento da década de 240.[11] Pénsase que isto tería lugar dentro do goberno de Gordiano III (reinado 238-244 ) ou Filipe o Árabe (reinado 244-249).[12] Baseándose na localización do seu áureo, refórzase a teoría de que Esponsiano protagonizara unha revolta en Panonia.[13]

Outra posibilidade é que fose un comandante militar que se coroou como emperador cando Dacia quedou separada do resto do imperio ao redor do ano 260. Cunha pandemia e unha guerra civil en curso, e o imperio estando fragmentado nese momento, Esponsiano puido asumir o mando supremo para protexer á poboación militar e civil de Dacia ata que se restablecese a orde. Dacia finalmente foi evacuada entre o 271 e o 275,[1] no reinado de Aureliano. Segundo Jesper Ericsson:[1]

A nosa interpretación é que el era o encargado de manter o control dos militares e da poboación civil porque estaban cercados e totalmente illados. Para crear unha economía funcional na provincia decidiron acuñar as súas propias moedas.

O Imperio Romano neste período era moi inestable; moitas áreas periféricas foron probablemente abandonadas para se valer por elas mesmas. Esponsiano puido sentirse responsable de milleiros de persoas, sen apoio da autoridade central do imperio, e rodeado de tribos hostís como os godos e os carpos; neste contexto, a autoproclamación como emperador ("imperator") pode considerarse un intento de manter a orde e debe entenderse máis como un líder militar que asumiiu a autoridade e o mando sobre a provincia[8] para resistir fronte ao perigo de invasión pos outros pobos que como a figura típica do usurpador que pretende-lo mando total de todo o Imperio, segundo afima Pearson.[2][7] Non se atopou ningunha evidencia do dominio de Esponsiano noutras zonas e isto parece indicar que non estaba interesado, ou non tivo éxito, en estende-lo seu territorio.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Ghosh, Pallab (24 de novembro de 2022). "Gold coin proves 'fake' Roman emperor was real". bbc.com (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Pearson (2022), p. 28.
  3. 3,0 3,1 Pearson et alii (2022).
  4. Vagi (2000), p. 331.
  5. Sayles (2007), p. 121.
  6. Pearson 2022, p. 227.
  7. 7,0 7,1 EFE (24 de novembro de 2022). "Cuatro monedas de oro rescatan de la oscuridad al emperador romano Esponsiano". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2022. 
  8. 8,0 8,1 Jiménez, Javier (24 de novembro de 2022). "Siempre creímos que estas monedas romanas eran falsas porque su emperador no existió. Ahora resulta que sí". reportaterd.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2022. Consultado o 25 de novembro de 2022. 
  9. Ghosh (2022).
  10. Prickartz (1995), p. 134 (ver nota 33).
  11. Hartmann (1982), p. 121.
  12. Mennen (2011), p. A1.
  13. Goldsworthy (2009), p. 427.
  14. Knapton, Sarah (23 de novembro de 2022). "Long lost Roman emperor revealed as coins give up their secret". telegraph.co.uk (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]