Pinche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Espigo")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Este artigo trata sobre un elemento arquitectónico, para o aprendiz véxase Pinche de cociña.
Vivenda indiana en Estás, Tomiño, cos catro muros penais rematados en pinche
Abadía do século XVIII en San Bertomeu de Eiras, O Rosal, convertida en casa rural. Apréciase a solaina e o muro pinche.

O pinche[1] é un elemento arquitectónico de forma triangular parte superior da parede dun edificio (a fachada ou o muro penal ou lateral) encima do cal descansan as dúas augas da cuberta. Recibe en galego tamén os nomes de pinche do penal, pinchón, espigo ou pipal[2].

Por extensión denomínase tamén "pinche" ou "parede de pinche"[3] a toda a fachada do edificio cando se configura de tal xeito; que nas igrexas con planta de cruz latina son tres: a dos pés (que adoita ser a portada principal) e as dúas laterais que rematan o cruceiro. A diferenza dos frontóns, que cumpren a mesma función estrutural, os pinches non delimitan o seu bordo inferior cunha cornixa horizontal, e polo tanto quedan integrados no resto da fachada (se esta presenta cornixas ou outro tipo de delimitacións horizontais, márcanse nunha liña distinta á da base do triángulo do pinche). Cómpre tamén diferenciar os pinches dos gabletes, un elemento esencialmente decorativo da arquitectura gótica, tamén de forma triangular.

Chámase pinche graduado[4] ao que presenta as vertentes con chanzos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=pinche&sinom=0&homonimo= |título=Definición e denominación en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=21 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141021084854/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=pinche&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=21 de outubro de 2014 |urlmorta=si }}
  2. Definicións e sinónimos en galego en Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  3. Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
  4. Denominación galega en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004