Canto gregoriano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gregorio I: Antifonario de Sanct Gallen

O canto gregoriano é un tipo de música vocal monódica, sen instrumentos, para ser cantada durante a celebración da liturxia na Igrexa Católica Latina. Tivo o seu auxe na Idade Media.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Formouse a partir de estilos moi heteroxéneos, de procedencia principalmente oriental, sobre todo de Bizancio e Siria, durante a época que seguiu á caída do Imperio Romano. A primeira compilación procede do papa Gregorio Magno, do cal lle vén o nome, aínda que a historiografía moderna puxo en dúbida esta orixe, atrasándoa ata a época carolinxia, e considerando este canto unha síntese entre o canto romano e o canto gálico.

A intención do canto gregoriano non era artística, senón tan só relixiosa: ennobrecer a palabra de Deus, polo que se prescindía de instrumentos musicais. A música sacra tiña que ser simple para que puidese ser cantada por todos, fluída para non estorbar o texto, e sobria para non desmerecer a súa función.

O canto gregoriano nunca poderá ser entendido sen o texto, que ten primacía sobre a melodía e é o que lle dá sentido. Por iso, ao interpretalo, os cantores deben comprender ben o sentido do texto, evitando sempre calquera impostación de voz que supoña que destaque o intérprete.

Unha gran parte da liturxia podía ser cantada, e iso imposibilitaba que puidese ser memorizada, polo que a Igrexa procurou rexistrar o repertorio de cantos por escrito, para o que houbo de perfeccionar os sistemas de notación musical coñecidos ata o de entón. Ata o século XI non se regularizou a notación sobre unha pauta de varias liñas e o uso da clave.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.