A casa das dagas voadoras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A casa das dagas voadoras
Ficha técnica
Título orixinal十面埋伏 - Shí miàn mái fú
DirectorZhang Yimou
Produtor
Guión
  • Li Feng
  • Peter Wu
  • Wang Bin
  • Zhang Yimou
Intérpretes
MúsicaShigeru Umebayashi
FotografíaZhao Xiaoding
MontaxeLong Cheng
Estudio
  • Edko Films
  • China Film Co-Production Corporation
  • Elite Group Enterprises
  • Zhang Yimou Studio
  • Beijing New Picture Films
Distribuidora
EstreaCannes: 19 de maio de 2004
Galicia 19 de setembro de 2008 (TVG)
Duración119 minutos[1]
Orixe China
Hong Kong
XéneroDrama, amor
Orzamento12 000 000 dólares[2]
Recadación92 863 945 dólares
Na rede
http://www.sonypictures.com/homevideo/houseofflyingdaggers
IMDB: tt0385004 Filmaffinity: 903258 Allocine: 56871 Rottentomatoes: m/house_of_flying_daggers Mojo: houseofflyingdaggers Allmovie: v296832 TCM: 534739 Metacritic: movie/house-of-flying-daggers TV.com: movies/house-of-flying-daggers Netlix: 70012785Editar o valor em Wikidata

A casa das dagas voadoras (en chinés: 十面埋伏, pinyin Shí miàn mái fú) é un filme de xénero wuxia do ano 2004, dirixida por Zhang Yimou. Estreouse en galego na TVG o 19 de setembro de 2008.[3]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Corre o ano 859 a.C. e a dinastía chinesa Tang, outrora poderosa, entrou en decadencia. O malestar esténdese por todo o país, e o corrupto goberno ten que enfrontarse en todas partes con exércitos rebeldes. O máis poderoso é o da "Casa das Dagas Voadoras", que se está a facer cada vez máis forte grazas a un novo e misterioso líder. Dous capitáns, Leo e Jin, reciben a orde de capturalo e para iso artellan un minucioso plan. O capitán Jin finxe ser un guerreiro solitario chamado Vento e saca da cadea á revolucionaria cega Mei, que o levará ata o cuartel xeral da Casa das Dagas Voadoras, pero durante a viaxe, Jin e Mei namóranse profundamente.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 2004: Nomeada ó Oscar: Mellor fotografía (Zhao Xiaoding).
  • 2004: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor película de fala non inglesa.
  • 2004: 9 nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor son, vestiario, efectos especiais.
  • 2004: National Board of Review: Mellor deseño de produción.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "House of Flying Daggers (15) (CUT)". British Board of Film Classification. 14 de decembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2016. 
  2. BoxOfficeMojo.com
  3. "A casa das dagas voadoras en galego". DiarioSigloXXI. 19 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2014. Consultado o 4 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]