Percy Williams Bridgman: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 37: Liña 37:
[[fr:Percy Williams Bridgman]]
[[fr:Percy Williams Bridgman]]
[[hi:पर्सी विलियम्स ब्रिजमन]]
[[hi:पर्सी विलियम्स ब्रिजमन]]
[[ht:Percy Williams Bridgman]]
[[id:Percy Williams Bridgman]]
[[id:Percy Williams Bridgman]]
[[io:Percy Williams Bridgman]]
[[io:Percy Williams Bridgman]]

Revisión como estaba o 24 de agosto de 2008 ás 13:34

Percy Williams Bridgman ( Cambridge, EE.UU. 1881 - Randolph 1961 ) foi un físico e profesor universitario norteamericano galardoado o ano 1946 co Premio Nobel de Física.

Biografía

Naceu o 21 de abril de 1881 na poboación de Cambridge, situada no estado norteamericano de Massachusetts. Estudou física na Universidade de Harvard, exercendo en 1919 como profesor nesta universidade. Foi membro da delegación estranxeira da Royal Society británica.

Tras serlle diagnosticado un cancro, Bridgman se suicidou o 20 de agosto de 1961 na poboación de Randolph, no estado norteamericano de Nova Hampshire.

Investigacións científicas

O 1905 iniciou as súas investigacións de certos fenómenos atmosféricos baixo a influencia da presión. Por mor dun mal funcionamento da maquinaria modificou a súa máquina de presión, e o resultado foi que inventara un novo enxeño, o cal lle permitiría crear presións por encima de 100.000 kg/cm². Isto supuxo unha mellora enorme respecto á instrumentación anterior, na cal as presións podían chegar soamente ata os 3000 kg/cm².

Con este novo aparello investigou o efecto da presión sobre a resistencia eléctrica, e as condicións sólidas e fluídas baixo presión. Así mesmo tamén estudou a condución eléctrica en metais, as características de certos cristais e desenvolveu unha gran tarefa divulgativa.

O 1946 foi galardoado co Premio Nobel de Física polo seu traballo sobre a física de altas presións.

Foi un dos 11 signatarios do manifesto Russell-Einstein realizado no ano 1955. Aquel mesmo ano sometendo grafito a presións de 20.000 a 30.000 atm a temperaturas de 3.000 ºC obtivo diamantes sintéticos, a produción industrial dos cales foi empresa pouco despois.

Ligazóns externas


Modelo:Premios Nobel de Física