Wikipedia:Toponimia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
modifico política, de acordo co resultado da votación oficial que rematou o 17
Castelanismo
Liña 31: Liña 31:


*'''Lugares co mesmo nome'''
*'''Lugares co mesmo nome'''
:Cando coincide o mesmo nome para diversos lugares ou accidentes xeográficos, no caso dos lugares úsase o nome do lugar separado por unha coma de outro dato de localización, exemplo: [[Miño]], entre outros pode ser un pobo da [[Provincia da Coruña]] ou o Río Miño. Para o pobo escríbese [[Miño, A Coruña]] (nome do pobo separado por unha coma, despois da coma un espacio e logo o nome da provincia) e para o río [[Río Miño]]. Como é maís probable que os usuarios busquen o Río Miño créase unha páxina que se chame [[Miño]] e nela escríbense as ligazóns as distintas opcións de Miño.
:Cando coincide o mesmo nome para diversos lugares ou accidentes xeográficos, no caso dos lugares úsase o nome do lugar separado por unha coma de outro dato de localización, exemplo: [[Miño]], entre outros pode ser unha vila da [[Provincia da Coruña]] ou o Río Miño. Para o pobo escríbese [[Miño, A Coruña]] (nome do pobo separado por unha coma, despois da coma un espacio e logo o nome da provincia) e para o río [[Río Miño]]. Como é maís probable que os usuarios busquen o Río Miño créase unha páxina que se chame [[Miño]] e nela escríbense as ligazóns as distintas opcións de Miño.


:Outro exemplo: '''París''' créase a páxina correspondente a [[París - Paris|París]] e faise que sexa a páxina que faga referencia á capital de [[Francia]], na parte de arriba da páxina inclúese unha ligazón á páxina [[París (homónimos)]] onde se introducen as ligazóns a todos os lugares que se chamen '''París'''.
:Outro exemplo: '''París''' créase a páxina correspondente a [[París - Paris|París]] e faise que sexa a páxina que faga referencia á capital de [[Francia]], na parte de arriba da páxina inclúese unha ligazón á páxina [[París (homónimos)]] onde se introducen as ligazóns a todos os lugares que se chamen '''París'''.

Revisión como estaba o 24 de xullo de 2008 ás 23:57

Nesta páxina están as normas acordadas o 12 de novembro de 2004 sobre Toponimia. Para ver o conxunto de normas e recomendacións ir a Wikipedia:Política e normas.

  • Toponimia de Galicia
Séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: Nomenclátor de Galicia - Toponimia oficial.
  • Galicia - Galiza
1. Nos títulos das páxinas utilízase Galicia, exemplos: Concellos de Galicia, Ríos de Galicia,...
2. No caso do artigo sobre Galicia o título será "Galicia", e Galiza será unha redirección a esta páxina.
3. No contido das páxinas pódese usar indistintamente Galicia ou Galiza. Procurarase ser coherentes no uso dos termos.
4. Nunha mesma páxina poden convivir ambos termos Galicia e Galiza, intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos.
  • Toponimia dos concellos galegofalantes onde o galego non é oficial
Para preservar a toponimia tradicional dos concellos galegofalantes de Asturias e Castela-León, onde o galego carece de status de oficialidade, utilizarase a toponimia tradicional coa ortografía oficial da lingua galega. Nos concellos galegofalantes de Cáceres, polos séculos de separación destas falas do resto do territorio galegofalante, terán dobre denominación: o nome en galego normalizado xunto co nome tradicional da zona.
  • Toponimia de España
Nos títulos das páxinas úsase o nome galego xunto co nome oficial segundo a lexislación oficial. Pode consultarse no Ministerio de Administracións Públicas:
MAP - Municipios, MAP - Provincias, MAP - Illas. E toponimia oficial española e a lexislación estatal e autonómica. Fonte: Parlamento Europeo
  • Cidades con nomes cooficiais:
Alicante - Alacant , Castellón - Castelló, Valencia - València escríbese o título da páxina incluíndo os dous nomes separados por un guión e deixando un espacio antes e despois do guión, e precedidos do nome galego, exemplo: Alacante - Alicante - Alacant
No contido da páxina e en primer lugar escríbese en negrita o nome do cidade ou lugar en galego, exemplo: Para a páxina Alacante - Alicante - Alacant escríbese En galego: Alacante.
Cando existe un caso como o anterior créase previamente unha páxina co título galego que logo se redirixe á páxina co nome oficial, exemplo: Alacante redirixida a Alacante - Alicante - Alacant e no comezo da páxina pon: En galego: Alacante.
Cos nomes das Comunidades pasa algo parecido: Illes Balears (nome oficial), créase unha páxina chamada Illas Baleares e redirixese a Illas Baleares - Illes Balears na parte superior da páxina escríbese En galego: Illas Baleares. O mesmo con La Rioja.
No contido das páxinas escríbese o nome en galego.
  • Toponimia de Outros Países do Mundo
Tanto en nome de cidades como de países (en caso de existir) utilízase o mesmo criterio que nas ciudades con nomes cooficiais. Exemplos: Portugal o título da páxina inclúe un so termo porque Portugal sería o nome do país en Portugal e en Galicia, en cambio Suecia - Sverige, Suecia inclúe os nomes en galego e en sueco. Créase unha páxina chamada Suecia que se redirixe a Suecia - Sverige. Na parte superior da páxina indícase o nome do país en alomenos catro idiomas que son: galego, idioma orixinal, e calquera outros dous (escollendo mellor os nomes do país máis coñecidos). Exemplo: En galego: Suecia, En sueco: Sverige, En portugués: Suécia, En inglés: Sweden.
Tómase como fonte do nome da cidade ou país a Wikipedia que corresponda ao país. Exemplo: Suecia Wikipedia de Suecia.
  • Lugares co mesmo nome
Cando coincide o mesmo nome para diversos lugares ou accidentes xeográficos, no caso dos lugares úsase o nome do lugar separado por unha coma de outro dato de localización, exemplo: Miño, entre outros pode ser unha vila da Provincia da Coruña ou o Río Miño. Para o pobo escríbese Miño, A Coruña (nome do pobo separado por unha coma, despois da coma un espacio e logo o nome da provincia) e para o río Río Miño. Como é maís probable que os usuarios busquen o Río Miño créase unha páxina que se chame Miño e nela escríbense as ligazóns as distintas opcións de Miño.
Outro exemplo: París créase a páxina correspondente a París e faise que sexa a páxina que faga referencia á capital de Francia, na parte de arriba da páxina inclúese unha ligazón á páxina París (homónimos) onde se introducen as ligazóns a todos os lugares que se chamen París.

Véxase tamén

Para máis información véxase: