Preito Tabera - Fonseca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Lansbricae (conversa | contribucións)
iw pt
Liña 52: Liña 52:


[[es:Pleito Tabera - Fonseca]]
[[es:Pleito Tabera - Fonseca]]
[[pt:Pleito Tabera - Fonseca]]

Revisión como estaba o 19 de abril de 2008 ás 14:34

Alonso III de Fonseca, no Pazo de Fonseca

O Preito Tabera - Fonseca foi un arbitraxe ou concordia que tivo lugar entre o arcebispo de Compostela e logo de Toledo Alonso III de Fonseca e o seu sucesor no cargo Juan Tabera.

Trátase dunha fonte documental fundamental para o coñecemento do patrimonio do arcebispado nos séculos XV e XVI e dos feitos relacionados coas revoltas irmandiñas e os conflitos señoriais do convulso século XV galego.

Descuberta

A primeira referencia da súa existencia atopámola da man de Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, que en decembro de 1889, na publicación "Galicia diplomática IV", deu a coñecer a existencia duns poucos pregos (17) gardados no mosteiro de San Martiño Pinario.

Tívose que esperar ata o ano 1922 ao achádego do texto completo, cando o arquiveiro Pablo Pérez Constanti atopa os atados (atado 46 e 47) no chamado "Arquivo segredo" do Pazo arcebispal.

Desde este momento o texto seguiu sendo unha fonte maioritariamente descoñecida e usada de xeito marxinal por uns poucos historiadores. Esta situación mudou grazas ao labor de transcrición do texto levado a cabo por Ángel Rodríguez González (profesor da Universidade de Santiago de Compostela, arquiveiro do concello de Santiago e director da Sección de Historia do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos) e coa súa publicación no ano 1984.

Orixe e obxecto do Preito

Co nomeamento, o 26 de abril de 1524, de Alonso III de Fonseca como prelado de Toledo, ocupou o seu anterior cargo como arcebispo de Santiago Juan Tabera desde o 12 de outubro do mesmo ano.

Ao pouco tempo, o 26 de decembro de 1525 o novo arcebispo reclamoulle ao Fonseca dez millóns de marabedís como indemnización polos danos sofridos nos castelos e casas pertencentes á mitra compostelá durante os governos de Alonso II de Fonseca e do propio Alonso III; estes danos eran froito das revoltas irmandiñas, e dos enfrontamentos de Alonso II cos seus inimigos señoriais e a posterior neglixencia de ámbolos dous Fonsecas no arranxo do danado a imaxe do que si fixeran moitos señores galegos nesas datas.

Desenvolvemento

Os letrados Simón Rodríguez (por parte de Fonseca) e Juan Bernal (pola de Tabera) e o Licenciado Santiago do Consello do Rei arbitraron o litixio, e os arquitectos Juan de Álava e Juan Gil o Mozo, a mais dos canteiros Joaquín de Auñón e Pedro de Muros, auditaron o estado dos bens do arcebispado santiagués.

Declararon nel persoas de tódalas clases sociais e idades, que ofreceron datos e feitos só coñecidos por esta fonte, a mais de descricións da arquitectura de edificios hoxe en día desaparecidos e referencias ás lendas e mitos relacionados cos feitos e enclaves.

O idioma usado foi o castelán, pero o galego rezuma en todo o fondo do documento.

O 28 de xaneiro do ano 1534 o arcebispo Fonseca reafírmase na súa posición inicial pero acepta facer o pago de 200.000 marabedís.

Este pago non se chegaría a realizar xa que Fonseca morre o 4 de febreiro dese mesmo ano. Juán Tabera foi presentado para ocupar a sé de Toledo que deixa vacante polo que as diferenzas habidas no pago esvaécense definitivamente.

Estrutura dos documentos

Ordénase en dous atados:

  • O atado 47, que consta de 6 pezas e 524 folios nos que se conteñen os textos orixinais.
  • O atado 46, que consta de 1610 folios e é copia do anterior, e no que faltan partes de dúas das pezas, e é unha copia encadernada feita no ano 1589 polo notario Jácome Garica por orde do arcebispo San Clemente.

As seis pezas teñen a seguinte estrutura:

1- Comezo de probanzas, designio de xuíces árbitros, concordias, prórrogas e nomeamento de procuradores.
2- Trámites e declaracións.
3- Nomeamento de procuradores e designación de testemuñas.
4- Declaracións de testemuñas presentadas por Tabera (presentou un total de 87).
5- Declaracións de testemuñas presentadas por Fonseca (presentou un total de 96).
6- Taxa pericial dos danos sofridos polas fortalezas e casas.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez González, Ángel. Las fortalezas de la mitra compostelana y los "irmandiños". (1984). Colección Galicia Histórica. Fundación Pedro Barrié de La Maza Conde de Fenosa. ISBN 84-85728-39-X