Península Ibérica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xosé (conversa | contribucións)
m Volveuse á revisión 684704, feita por MalafayaBot e datada en 2008-01-16 20:46:00, empregando popups
Liña 1: Liña 1:
[http://www.exemplo.com título de ligazón][[Imaxe:Satellite image of Spain in January 2004 (resaltado).jpg|thumb|right|Imaxe de satélite da Península Ibérica.]]
[[Imaxe:Satellite image of Spain in January 2004 (resaltado).jpg|thumb|right|Imaxe de satélite da Península Ibérica.]]
'''A Península Ibérica''' é unha [[península]] do suroeste de [[Europa]]. Está rodeada polo [[mar Mediterráneo]], o [[Océano Atlántico]] e os [[Pirineos]], que separan a península do resto do continente. Politicamente comprende os estados de [[Portugal]], [[España]] e [[Andorra]], estes dous últimos fronteirizos con [[Francia]]. [[Xibraltar]], territorio británico situado ó sur de [[Andalucía]] non ten máis ca unha trintena de quilómetros. Polo sur, a península está separada de [[África]] ([[Marrocos]]) polo [[Estreito de Xibraltar]].
'''A Península Ibérica''' é unha [[península]] do suroeste de [[Europa]]. Está rodeada polo [[mar Mediterráneo]], o [[Océano Atlántico]] e os [[Pirineos]], que separan a península do resto do continente. Politicamente comprende os estados de [[Portugal]], [[España]] e [[Andorra]], estes dous últimos fronteirizos con [[Francia]]. [[Xibraltar]], territorio británico situado ó sur de [[Andalucía]] non ten máis ca unha trintena de quilómetros. Polo sur, a península está separada de [[África]] ([[Marrocos]]) polo [[Estreito de Xibraltar]].


Liña 58: Liña 58:
[[oc:Peninsula Iberica]]
[[oc:Peninsula Iberica]]
[[pl:Półwysep Iberyjski]]
[[pl:Półwysep Iberyjski]]
[[pt:Península Ibérica]]
[[pt:
== Península Ibérica]] ==
[[ro:Peninsula iberică]]
[[ro:Peninsula iberică]]
[[ru:Пиренейский полуостров]]
[[ru:Пиренейский полуостров]]

Revisión como estaba o 9 de marzo de 2008 ás 22:22

Imaxe de satélite da Península Ibérica.

A Península Ibérica é unha península do suroeste de Europa. Está rodeada polo mar Mediterráneo, o Océano Atlántico e os Pirineos, que separan a península do resto do continente. Politicamente comprende os estados de Portugal, España e Andorra, estes dous últimos fronteirizos con Francia. Xibraltar, territorio británico situado ó sur de Andalucía non ten máis ca unha trintena de quilómetros. Polo sur, a península está separada de África (Marrocos) polo Estreito de Xibraltar.

Historia

As primeiras noticias escritas que fan referencia á península proceden da época grega e fenicia, pobos que fundaron as primeiras colonias neste territorio. Posteriormente chegaron os romanos, que conquistaron a práctica totalidade da península, que dende entón se pasou a coñecer co nome de Hispania, xa que ata entón a denominación máis usual era a grega de Iberia.

Trala caída do imperio o territorio foi ocupado por pobos de orixe goda, principalmente suevos (no noroeste), vándalos (no sur) e visigodos (resto da península). Estes últimos acabarían por conquista-la totalidade do territorio.

Tempo despois chegarían os árabes, que unha vez máis se farían co poder en case toda a península, sacando uns poucos territorios do norte, que ó final acabarían por se impoñer ó dominio musulmán nun proceso continuo de guerras coñecido como Reconquista. Mentres tanto, o territorio islamizado sería durante sete séculos un importante centro cultural ata a caída de Granada en 1492.

Durante o reinado dos Reis Católicos a península será unificada, salvo o territorio correspondente a Portugal, que unha vez conquistado o Algarve será un dos países que menos cambiou as súas fronteiras ó longo dos séculos. Xa no reinado de Filipe II a península vería a súa derradeira unificación baixo un mesmo gobernante, pero coa reconquista da independencia de Portugal o territorio peninsular quedaría xa dividido ata a actualidade nos dous estados: Portugal e España.

Linguas

Hoxendía o portugués e o español son linguas oficiais en cadanseu estado. O galego, o basco e o catalán son linguas cooficiais en diversas comunidades autónomas (o catalán tamén é a lingua oficial do Principado de Andorra), igual que o mirandés (variedade leonesa falada en Portugal) é oficial no concello portugués de Miranda do Douro; o aranés éo no Val de Arán. O asturiano, o leonés e o aragonés son consideradas linguas tamén, pero non teñen carácter oficial ningún. O inglés é oficial en Xibraltar.