Xoves: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Zwobot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: yi:דאנערשטיק
Liña 224: Liña 224:
[[vls:Dunderdag]]
[[vls:Dunderdag]]
[[wa:Djudi]]
[[wa:Djudi]]
[[yi:דאנערשטאג]]
[[yi:דאנערשטיק]]
[[zh:星期四]]
[[zh:星期四]]
[[zh-yue:星期四]]
[[zh-yue:星期四]]

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2008 ás 13:44

O Xoves é o cuarto día da semana. O nome "Xoves" vén do latín iovis (dies) ou día de Xúpiter, deus supremo romano. Durante os últimos anos desprazou en moitos falantes o nome orixinal galego "Quinta-feira" por influencia do nome castelán donde foi introducido na lingua.

Nomes noutras linguas:


Lingua Nome Significado
Alemán Donnerstag Día de Donar
Búlgaro Четвъртък/Tschetvartak O Cuarto da Semana
Catalán Dijous Día de Xúpiter
Checo Ètvrtek O Cuarto da Semana
Chinés Tradicional 星期四/Xīng Qī Sī Catro da Semana
Español
Jueves Día de Xúpiter
Eusquera (basco)
Ostegun Día de Urtzi
Francés
Jeudi Día de Xúpiter
Holandés
Donderdag Día de Donar
Inglés
Thursday Día de Thor
Irlandés Dé ardaoin O Día entre dous Xaxúns
Islandés
Fimmtudagur Quinto Día
Italiano
Giovedì Día de Xúpiter
Noruegués
Torsdag Día de Thor
Quechua
Illa P'unchay Día da Luz ou do Resplandor
Portugués
Quinta-feira Quinto Día
Rumano Joi Día de Xúpiter
Ruso
Четверг/Chitvierg Cuarto Día
Xaponés
木曜日/Mokuyoubi Día das Árbores

O xoves na cultura popular

Algúns conservan o resto do cirio que iluminou o sagrario durante os oficios do Xoves Santo pois cren que se se acende ten a virtude de disipa-las treboadas.

Para diagnostica-lo enganido (raquitismo) dun meniño, ponse un vaso de auga na súa cabeza e bótanse nove pingas de cera do cirio do Xoves Santo. Se as nove pingas se xuntan significa que o meniño ten o mal. Para curalo, xuntan a auga de nove fontes e botan nela follas de xaro, bañando despois ó meniño nela.

Fraseoloxía

¡Sempre no medio, coma o xoves! Ser máis atravesado que un xoves.

Refraneiro

O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.

Cantigueiro

Días da semana:

Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo

Palabras relacionadas:

Calendario

Día

Semana

Mes

Ano