Eclecticismo: Diferenzas entre revisións
correccións lingüísticas |
grego |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
'''Eclecticismo''' (do grego |
'''Eclecticismo''' (do grego εκλεκτός, «escoller»), é en [[Filosofía]] a escola de pensamento que se caracteriza por escoller (sen principios determinados) concepcións filosóficas, puntos de vista, ideas e valoracións entre as outras escolas que se asume poden chegar a ser compatibles de forma coherente, combinándoas e mesturándoas ainda que o resultado poida ser a miúdo contraposto sen chegar a formar un todo orgánico. |
||
==Historia e desenvolvemento== |
==Historia e desenvolvemento== |
Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2008 ás 18:37
Eclecticismo (do grego εκλεκτός, «escoller»), é en Filosofía a escola de pensamento que se caracteriza por escoller (sen principios determinados) concepcións filosóficas, puntos de vista, ideas e valoracións entre as outras escolas que se asume poden chegar a ser compatibles de forma coherente, combinándoas e mesturándoas ainda que o resultado poida ser a miúdo contraposto sen chegar a formar un todo orgánico.
Historia e desenvolvemento
O eclecticismo desenvolveuse en Grecia a partires do século II a. C. como unha maneira de sintetizar os grandes achádegos intelectuais da filosofía clásica anterior dos presocráticos, Platón e Aristóteles. Por exemplo, Antíoco de Ascalón compaxinou o estoicismo e o escepticismo, e Panecio de Rodas baseou o seu pensamento no platonismo e no estoicismo.
Os pensadores romanos, que nunca desenvolveron un sistema filosófico propio, inclinaronse por este tipo de pensamento: Cicerón, por exemplo, que asimilou teorías do estoicismo, do escepticismo e dos peripatéticos, sen considerar a súa desunión esencial.
Entre os cristiáns, Clemente de Alexandría e Oríxenes combinaron a metafísica grega e as ideas xudeocristiás das Santas Escrituras. Xa a finais da Idade Media, o mestre da Devotio moderna Eckhart formulou un sistema de filosofía cristiá baseado en Aristóteles, os seus comentaristas árabes medievais, o neoplatonismo e a Cábala ou mística hebrea.
Eclecticismo en Europa
En España, o Eclecticismo desenvolveuse no seo da Ilustración do século XVIII como única escola alternativa á escolástica dominante sen suscitar os receos da Inquisición e nese senso destacan pensadores como Benito Xerónimo Feijoo ou o médico e lóxico aragonés Andrés Piquer..
No século XIX rebrotou ainda o eclecticismo en Francia a través da obra do filósofo Victor Cousin, que tratou de xuntar o idealismo de Immanuel Kant, a filosofía do sentido común y as doutrinas inductivas de René Descartes.
revisión de licenza: este artigo é unha tradución de