Antía Jácome: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 56: Liña 56:
[[Categoría:Piragüistas de Galicia]]
[[Categoría:Piragüistas de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Olímpicos de Galicia]]

Revisión como estaba o 1 de agosto de 2021 ás 22:18

Infotaula de personaAntía Jácome

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalAntía Jácome Couto
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1999 (24 anos)
Pontevedra
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeportePiragüismo
Disciplina deportivaPiragüismo en augas tranquilas Editar o valor em Wikidata
Membro do equipo deportivoEscola de Piragüismo Cidade de Pontevedra
Participou en
agosto de 2021Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - C-1 200 m feminino (pt) Traducir (5ª) Editar o valor em Wikidata

Antía Jácome Couto, nada en Pontevedra o 22 de novembro de 1999,[1] é unha piragüista galega.

Traxectoria

Comezou a practicar piragüismo aos 12 anos na Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, da súa cidade natal, e pouco despois xa destacaba nas diferentes competicións nas que participaba.[2] No 2017 foi subcampioa do mundo júnior no campionato celebrado na cidade romanesa de Pitești, na que competiu xunto a María Pérez no C2 200 metros.[3]

En 2018 competiu no Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas, celebrado en Belgrado, no C2 nas distancias 200 e 500 metros, finalizando en sexto e noveno lugar, respectivamente. Formou parella en ambas probas con Patricia Coco.[4] Ese mesmo ano participou tamén no Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas, en Montemor-o-Velho, quedando sétima con María Pérez no C2 200 m e non logrando meterse na final do C1 200.[5]

En 2019 gañou tres medallas de ouro e unha de prata na Copa de España de Piragüismo.[6] No Campionato Mundial, en Szeged competiu con Patricia Coco no C2 500, buscando un pase aos Xogos Olímpicos de 2020, pero non o lograron, quedando fóra da final.[7][8] Con todo, tralo adiamento dos Xogos ao 2021, logrou unha praza para a cita olímpica do C1 200m, ao superar á madrileña María Corbera no selectivo celebrado en Verducido.[9]

Notas

  1. "Antía Jácome Couto" (en castelán). Comité Olímpico Español. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 02 de setembro de 2018. 
  2. "Antía Jácome, bronce mundial en la Copa Sprint". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 8 de xuño de 2016. p. 9. 
  3. "Pablo Graña, campión do Mundo". Galicia Confidencial. 30 de xullo de 2017. Consultado o 31 de xullo de 2021. 
  4. "Resultados Belgrado 2018". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  5. "Resultados Montemor 2018" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  6. "Cuatro medallas para Antía Jácome, María Corbera y Patricia Coco en Verducido" (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  7. "Patricia Coco tendrá que buscar los Juegos en el Europeo" (en castelán). 26 de agosto de 2019. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  8. "Resultados Szeged 2019" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  9. "Antia Jácome, en C1200 metros, logra la última plaza olímpica". Marca (en castelán). 1 de xullo de 2021. Consultado o 31 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas