Tines, Vimianzo: Diferenzas entre revisións
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==) |
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:) |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
{{Vimianzo}} |
{{Vimianzo}} |
||
[[ |
[[Categoría:Vimianzo]] |
||
[[pms:Tines, Vimianzo]] |
[[pms:Tines, Vimianzo]] |
Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 15:38
Parroquia do municipio de Vimianzo, A Coruña, arciprestado de Soneira e diócese de Santiago de Compostela.
Situación xeográfica
Está delimitada por Salto, Bamiro, Treos, Vilar e Cambeda, distando só 8,5 Qm. da capital do municipio.
Historia
Santa Baia de Tines constitue un dos enclaves máis relevantes de Galicia polo seu testigo bárbaro, románico e prerrománico que botan luz sobre a época escura desde o século I ata unha baixa Idade Media. A igrexa parroquial era representación de Rui Pérez da Costa e, o subsolo do seu adro é un dos enclaves máis interesantes para a historia de Galicia nunha pronta Idade Media. Debaixo atópase unha necrópole romano-sueva con enterramentos que datan dende o século I ata o século VIII d.C. nos que se distinguen:
- Vestixios romanos: material da construción principalmente, ó que apunta á posible existencia dunha "vila romana" según Manuel Núñez.
- Sarcófagos pétreos de dous formas distinguidas: unha máis primitiva e escasa de forma oval (datado da dominación sueva) e outra máis elaborada cun oco antropoide. Cabe dicir que a maior parte dos vestixios foron destruidos cando o descubrimento no 1954 e os restantes permanecen á intemperie nun profundo abandono. A tapa dos sarcófagos antropoides están grabados con letras, trazos e debuxos cun estilo que presumiblemente date do século VI.
- Vestixios de enterramentos con tégulas, moi propios da donimación romana.
A estela romana de Vitorino
Cabe mencionar que, aparte dos sarcófagos pétreos, o descubrimento da estela romana de Vitorino é un dos máis relevantes para a cultura de Galicia. Nela distínguese un rostro humano, gravado toscamente e con inscricións. Según Díaz y Díaz é o primeiro testimonio epigráfico cristián de Galicia do século IV. Pódese contemplar actualmente no Museo Arqueolóxico da Coruña.