Lazarillo de Tormes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5725832 de 81.45.89.35 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «julio»
Liña 20: Liña 20:
* [http://www.spanisharts.com/books/literature/lazarillo.htm ''El Lazarillo de Tormes'' na Historia da Literatura española] {{es}}.
* [http://www.spanisharts.com/books/literature/lazarillo.htm ''El Lazarillo de Tormes'' na Historia da Literatura española] {{es}}.
* [http://www.elazarillo.net «Alfonso de Valdés, autor del ''Lazarillo de Tormes''»]. Páxina sobre a hipótese de [[Rosa Navarro Durán]] respecto da autoría de [[Alfonso de Valdés]] {{es}}.
* [http://www.elazarillo.net «Alfonso de Valdés, autor del ''Lazarillo de Tormes''»]. Páxina sobre a hipótese de [[Rosa Navarro Durán]] respecto da autoría de [[Alfonso de Valdés]] {{es}}.
* Valentín Pérez Vénzalá, [http://www.ucm.es/info/especulo/numero27/lazaril.html «El ''Lazarillo'' sigue siendo anónimo. En respuesta a su atribución a Alfonso de Valdés»], artigo publicado en [http://www.ucm.es/info/especulo/ ''Espéculo. Revista de estudios literarios''], [http://www.ucm.es/info/especulo/numero27/index.html n.º 27, julio-octubre de 2004]. [[Universidad Complutense de Madrid]], edición dixital do [[14 de xullo]] de [[2004]] {{es}}.
* Valentín Pérez Vénzalá, [http://www.ucm.es/info/especulo/numero27/lazaril.html «El ''Lazarillo'' sigue siendo anónimo. En respuesta a su atribución a Alfonso de Valdés»], artigo publicado en [http://www.ucm.es/info/especulo/ ''Espéculo. Revista de estudios literarios''], [http://www.ucm.es/info/especulo/numero27/index.html n.º 27, xullo-outubro de 2004]. [[Universidad Complutense de Madrid]], edición dixital do [[14 de xullo]] de [[2004]] {{es}}.


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 11 de xullo de 2021 ás 14:29

A vida de Lazarillo de Tormes; e das súas fortunas e adversidades[1] (orixinal en castelán La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades), coñecida popularmente como Lazarillo de Tormes, é unha novela da literatura española de autoría anónima. Foi escrita en primeira persoa e encádrase no estilo epistolar (como unha soa e longa carta), cuxas edicións máis antigas das que se ten constancia datan de 1554.

Conta de forma autobiográfica a vida dun neno, Lázaro de Tormes, no século XVI, dende a súa nacenza, pasando pola súa infancia miserable e a súa voda, até a idade adulta. É unha obra precursora da novela picaresca​ por elementos tales como o realismo, a narración en primeira persoa, a estrutura itinerante, o servizo a varios amos e a ideoloxía moralizante e pesimista.

O Lazarillo de Tormes é un bosquexo irónico e desapiadado da sociedade da época, da cal amosa amosa os seus vicios e comportamentos hipócritas, sobre todo os dos cregos e relixiosos. Hai diferentes hipóteses acerca da autoría: probablemente o autor simpatizase cos postulados de Erasmo. Isto motivou que a Inquisición a prohibise e que, máis tarde, permitise a súa publicación pero expurgada. A obra no volveu ser publicada integramente até o século XIX.

Tradución ao galego

Os seus tradutores foron Pablo Cano, Iván Enríquez e Iria Sobrino a partir do texto fixado no orixinal castelán por Alfredo Rodríguez[2].

A súa publicación en 2019, nunha edición bilingüe galego-castelán, foi posibles grazas á colaboración entre o grupo de investigación de Didáctica das Linguas e Culturas da Universidade da Coruña co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas