Lazarillo de Tormes
Lazarillo de Tormes | |
---|---|
Título orixinal | La vida de Lazarillo de Tormes |
Autor/a | valor descoñecido |
Orixe | España |
Lingua | lingua castelá |
Xénero(s) | novela picaresca |
Data de pub. | 1554 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A vida de Lazarillo de Tormes; e das súas fortunas e adversidades[1] (orixinal en castelán La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades), coñecida popularmente como Lazarillo de Tormes, é unha novela da literatura española de autoría anónima. Foi escrita en primeira persoa e encádrase no estilo epistolar (como unha soa e longa carta), cuxas edicións máis antigas das que se ten constancia datan de 1554.
Características
[editar | editar a fonte]Conta de forma autobiográfica a vida dun neno, Lázaro de Tormes, no século XVI, dende a súa nacenza, pasando pola súa infancia miserable e a súa voda, até a idade adulta. É unha obra precursora da novela picaresca por elementos tales como o realismo, a narración en primeira persoa, a estrutura itinerante, o servizo a varios amos e a ideoloxía moralizante e pesimista.
O Lazarillo de Tormes é un bosquexo irónico e desapiadado da sociedade da época, da cal amosa amosa os seus vicios e comportamentos hipócritas, sobre todo os dos cregos e relixiosos. Hai diferentes hipóteses acerca da autoría: probablemente o autor simpatizase cos postulados de Erasmo. Isto motivou que a Inquisición a prohibise e que, máis tarde, permitise a súa publicación pero expurgada. A obra no volveu ser publicada integramente até o século XIX.
Tradución ao galego
[editar | editar a fonte]Os seus tradutores foron Pablo Cano, Iván Enríquez e Iria Sobrino a partir do texto fixado no orixinal castelán por Alfredo Rodríguez[2].
A súa publicación en 2019, nunha edición bilingüe galego-castelán, foi posibles grazas á colaboración entre o grupo de investigación de Didáctica das Linguas e Culturas da Universidade da Coruña co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A vida de Lazarillo de Tormes e das súas fortunas e adversidades". Xunta de Galicia.
- ↑ Axencia EFE (8 de outubro de 2019). "O 'Lazarillo de Tormes' tradúcese por primeira vez ao galego". Galiciae.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lazarillo de Tormes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Lazarillo de Tormes". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portal consagrado ao Lazarillo de Tormes (en castelán).
- El Lazarillo de Tormes na Historia da Literatura española Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en castelán).
- «Alfonso de Valdés, autor del Lazarillo de Tormes». Páxina sobre a hipótese de Rosa Navarro Durán respecto da autoría de Alfonso de Valdés (en castelán).
- Pérez Vénzalá, Valentín «El Lazarillo sigue siendo anónimo. En respuesta a su atribución a Alfonso de Valdés», Espéculo. Revista de estudios literarios, n.º 27, xullo-outubro de 2004. Universidad Complutense de Madrid, edición dixital do 14 de xullo de 2004 (en castelán).