Paralelismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: es:Paralelismo (retórica)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 11: Liña 11:
* Repetición semántica, repetición de ideas ou conceitos.
* Repetición semántica, repetición de ideas ou conceitos.

== Tipos de paralelismo ==
==Tipos de paralelismo==
;Paralelismo imperfecto:En cada par de [[estrofa]]s, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións, se ben estes pares non están relacionados entre si. O esquema seguido é ''abR-a'b'R/cdR-c'd'R''.

;Paralelismo perfecto:En cada par de estrofas, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións e, ademais, estes pares están encadeados normalmente polo procedemento do "[[leixa-pren]]" (o segundo verso da primeira estrofa é o primeiro da terceira, o segundo da segunda é o primeiro da cuarta, etc.). Só aparece en cantigas con estrutura de [[dístico]]. O esquema seguido é ''abR-a'b'R/bcR-b'c'R/cdR-c'd'R...''

Liña 59: Liña 59:
:::::... ([[Martín Codax]])
:::::... ([[Martín Codax]])

=== Outros exemplos ===
===Outros exemplos===
*En [[Otero Pedrayo]] (''Os señores da terra''). Construcións paralelísticas:
*En [[Otero Pedrayo]] (''Os señores da terra''). Construcións paralelísticas:
:::::*''En Santos a trasfega e a cobranza das rendas do viño, acabazado ou non. No inverno a decota dos valentes carballos, a matanza dos porcos.'' (páxina 82)
:::::*''En Santos a trasfega e a cobranza das rendas do viño, acabazado ou non. No inverno a decota dos valentes carballos, a matanza dos porcos.'' (páxina 82)

Revisión como estaba o 18 de novembro de 2007 ás 17:01

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Na lírica, o paralelismo é unha figura estilística consistente en estruturar unha composición en varios conxuntos seguindo o mesmo esquema. Lógrase coa repetición de estruturas formais e/ou semánticas. É o esquema típico da cantiga peninsular. Baséase nunha máxima repetición cunha mínima información que se amplía e matiza coa variación.

Na lírica galego-portuguesa medieval o paralelismo desenvolvíase facendo que os versos da primeira cobra (aquilo que non é refrán dentro da estrofa) fosen semellantes ós da segunda cobra; e así sucesivamente, agrupando as estrofas de dúas en dúas.

Sistemas de repetición

O principal é o refrán.

  • Repetición literal ou verbal, repetición de palabras
  • Repetición estrutural, repetición sintáctica e rítmica
  • Repetición semántica, repetición de ideas ou conceitos.

Tipos de paralelismo

Paralelismo imperfecto
En cada par de estrofas, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións, se ben estes pares non están relacionados entre si. O esquema seguido é abR-a'b'R/cdR-c'd'R.
Paralelismo perfecto
En cada par de estrofas, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións e, ademais, estes pares están encadeados normalmente polo procedemento do "leixa-pren" (o segundo verso da primeira estrofa é o primeiro da terceira, o segundo da segunda é o primeiro da cuarta, etc.). Só aparece en cantigas con estrutura de dístico. O esquema seguido é abR-a'b'R/bcR-b'c'R/cdR-c'd'R...

Sistemas de variacións

Unida á repetición atópanse variacións que permiten a progresión do pensamento e evitan a monotonía externa que se puder derivar do paralelismo. Aparecen dentro do paralelismo literal e respostan a tres tipos básicos:

  • Por sinonimia ou semi-sinonima (dormir / folgar, ferir / tirar)
  • Por alteración sintáctica (andar vi / vi andar)
  • Por equivalencia semántica, mediante a negación do concepto oposto (leixa-las guarir / non as quer matar)

O paralelismo pode ser por repetición ou por substitución

Exemplos de paralelismo por inversión e por substitución

Paralelismo por substitución

Nunha cantiga de amor (o normal é que se dea na cantiga de amigo)

Em Lixboa, sobre lo mar
barcas novas mandei lavrar,
ai mia senhor querida.

Em Lixboa, sobre lo ler
barcas novas mandei fazer,
ai mia senhor querida.
... (Joan Zorro)

Paralelismo por inversión

Mandad'ei comigo,
ca ven meu amigo;
e irei, madr', a Vigo

Comigu'ei mandado,
ca ven meu amado;
e irei, madr', a Vigo
... (Martín Codax)

Outros exemplos

  • En Otero Pedrayo (Os señores da terra). Construcións paralelísticas:
  • En Santos a trasfega e a cobranza das rendas do viño, acabazado ou non. No inverno a decota dos valentes carballos, a matanza dos porcos. (páxina 82)
  • ...criados e criadas, rapaces e rapazas [...] xente de axuda e de xornal (páxina 82).
  • Miro os meus dedos (verso 1) / Miro nos meus dedos (verso 5)
  • Todo agora é silencio (versos 9 e 12)

Véxase Figuras estilísticas