Igrexa de Santa María de Dodro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
| estilo = [[Barroco]]
| estilo = [[Barroco]]
}}
}}
A '''igrexa de Santa María de Dodro''' é un templo [[barroco]] do [[século XVIII]] dedicado á [[Virxe María]], sede da [[Dodro, Dodro|parroquia homónima]], no concello de [[Dodro]]. É unha das primeiras obras de [[Simón Rodríguez]]<ref name="ara">Folgar de la Calle, María del Carmen (1989): ''Simón Rodríguez: Catalogación Arqueólogica y Artística de Galicia del Museo de Pontevedra''. [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]] ([[A Coruña]]).</ref> e presenta algunhas peculiaridades características do seu estilo. Foi reconstruída en parte en 1918<ref>{{Cita web|url=https://www.obaixoulla.gal/elementos/dodro/arquitectura-relixiosa/igrexa-de-santa-maria-de-dodro|páxina-web=O Baixo Ulla|título=Igrexa de Santa María de Dodro|data-acceso=16/08/2020}}</ref>. Recentmente, a igrexa foi restaurada, no ano 1992, co arranxo da bóveda e do tellado e coa colocación dun novo piso de pedra<ref>{{Cita web|url=https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5616/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-dodro?langId=es_ES|páxina-web=Turismo de Galicia|título=Iglesia de Santa María de Dodro|data-acceso=16/08/2020}}</ref>.
A '''igrexa de Santa María de Dodro''' é un templo [[barroco]] do [[século XVIII]] dedicado á [[Virxe María]], sede da [[Dodro, Dodro|parroquia homónima]], no concello de [[Dodro]]. É unha das primeiras obras de [[Simón Rodríguez]]<ref name="ara">Folgar de la Calle, María del Carmen (1989): ''Simón Rodríguez: Catalogación Arqueólogica y Artística de Galicia del Museo de Pontevedra''. [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]] ([[A Coruña]]).</ref> e presenta algunhas peculiaridades características do seu estilo.


== Descrición ==
== Descrición ==
Liña 23: Liña 23:
A igrexa de Dodro é unha obra que ó non contar coa dirección de Simón Rodríguez varía sensiblemente respecto do plan inicial do mestre compostelán. Ademais, o proxecto inicial do arquitecto non se conserva.
A igrexa de Dodro é unha obra que ó non contar coa dirección de Simón Rodríguez varía sensiblemente respecto do plan inicial do mestre compostelán. Ademais, o proxecto inicial do arquitecto non se conserva.


Foi reconstruída en parte en 1918<ref>{{Cita web|url=https://www.obaixoulla.gal/elementos/dodro/arquitectura-relixiosa/igrexa-de-santa-maria-de-dodro|páxina-web=O Baixo Ulla|título=Igrexa de Santa María de Dodro|data-acceso=16/08/2020}}</ref>. Recentmente, a igrexa foi restaurada, no ano 1992, co arranxo da bóveda e do tellado e coa colocación dun novo piso de pedra<ref>{{Cita web|url=https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5616/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-dodro?langId=es_ES|páxina-web=Turismo de Galicia|título=Iglesia de Santa María de Dodro|data-acceso=16/08/2020}}</ref>.
[[Ficheiro:Igrexa parroquial de Dodro. Galiza-1.jpg|miniatura|170px|esquerda|[[Portada (arquitectura)|Portada]] presidida pola [[Asunción de María|Virxe da Asunción]].]]
[[Ficheiro:Igrexa parroquial de Dodro. Galiza-1.jpg|miniatura|170px|esquerda|[[Portada (arquitectura)|Portada]] presidida pola [[Asunción de María|Virxe da Asunción]].]]

=== Fachada ===
=== Fachada ===
No exterior séguese co mesmo criterio de sinxeleza que no interior, a fachada de liñas elementais non se atén ás trazas orixinais de Simón Rodríguez. No centro da fachada ábrese a porta que presenta un marco de orelleiras de riqueza no modelado. As pilastras caixeadas flanquean a porta, coroada por un [[Frontón (arquitectura)|frontón]] triangular partido con fornela que resgarda a [[Asunción de María|Virxe da Asunción]]. A torre do campanario é de tres corpos, coroada por unha cupuliña de planta octogonal con pináculo, configurando un todo harmónico e equilibrado.
No exterior séguese co mesmo criterio de sinxeleza que no interior, a fachada de liñas elementais non se atén ás trazas orixinais de Simón Rodríguez. No centro da fachada ábrese a porta que presenta un marco de orelleiras de riqueza no modelado. As pilastras caixeadas flanquean a porta, coroada por un [[Frontón (arquitectura)|frontón]] triangular partido con fornela que resgarda a [[Asunción de María|Virxe da Asunción]]. A torre do campanario é de tres corpos, coroada por unha cupuliña de planta octogonal con pináculo, configurando un todo harmónico e equilibrado.

Revisión como estaba o 18 de agosto de 2020 ás 07:50

Igrexa de Santa María de Dodro
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónSanta María
LocalizaciónDodro
Coordenadas42°43′2.57″N 8°41′18.54″O / 42.7173806, -8.6884833Coordenadas: 42°43′2.57″N 8°41′18.54″O / 42.7173806, -8.6884833
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
Construciónséculo XVIII
EstiloBarroco
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santa María de Dodro é un templo barroco do século XVIII dedicado á Virxe María, sede da parroquia homónima, no concello de Dodro. É unha das primeiras obras de Simón Rodríguez[1] e presenta algunhas peculiaridades características do seu estilo.

Descrición

En 1719 encargáronselle ó mestre compostelán Simón Rodríguez as trazas do templo, quen proxectou a súa reedificación. Malia estar o trazado da planta feito, o inicio da obra atrasouse, sendo adxudicada a execución a Pedro Blanco. A construción debeu dar comezo a mediados de 1720 pero en 1738 aínda non se rematara o corpo da igrexa. A capela maior concluíuse no 1739.

O edificio presenta planta de cruz latina cunha soa nave de dous tramos, cruceiro dun tramo e capela maior rectangular, rematando nos laterais en senllos nichos con bóveda en forma de vieira.

A nave da igrexa e o presbiterio cóbrense cunha bóveda de canón o mesmo que os brazos do cruceiro, empregándose na intersección unha bóveda de aresta. O interior do templo apenas presenta decoración e como separación dos distintos tramos empréganse arcos faxóns.

A igrexa de Dodro é unha obra que ó non contar coa dirección de Simón Rodríguez varía sensiblemente respecto do plan inicial do mestre compostelán. Ademais, o proxecto inicial do arquitecto non se conserva.

Foi reconstruída en parte en 1918[2]. Recentmente, a igrexa foi restaurada, no ano 1992, co arranxo da bóveda e do tellado e coa colocación dun novo piso de pedra[3].

Portada presidida pola Virxe da Asunción.

Fachada

No exterior séguese co mesmo criterio de sinxeleza que no interior, a fachada de liñas elementais non se atén ás trazas orixinais de Simón Rodríguez. No centro da fachada ábrese a porta que presenta un marco de orelleiras de riqueza no modelado. As pilastras caixeadas flanquean a porta, coroada por un frontón triangular partido con fornela que resgarda a Virxe da Asunción. A torre do campanario é de tres corpos, coroada por unha cupuliña de planta octogonal con pináculo, configurando un todo harmónico e equilibrado.

Altar maior

No interior destaca sobre todo o retablo maior. A intensa decoración contrasta coa sinxeleza do propio recinto, a profusión de dourados imponse nun espazo reducido, o uso de diferentes planos provoca a sensación de movemento e de inestabilidade, xogos de luces e de sombras. Está considerado como o primeiro retablo deseñado por Simón Rodríguez, arredor de 1740[1], data do inicio das obras, sendo quizais o entallador Manuel de Leis.

Consta de baseamento e dous corpos. O inferior está formado por cinco rúas separadas por columnas con fuste moi decorado e capiteis corintios, presentando no alto os típicos cilindros do autor. O segundo corpo está dividido en tres rúas separadas por pilastras con pequenas columnas na base. No centro, a imaxe da Virxe e nos laterais, enormes volutas con anxos portadores de palmas. Remata o retablo a figura do Pai Eterno, tamén característica nas trazas do artista.

Altares laterais

Contratáronselle os catro altares colaterais a Francisco de Lens e Juan Domínguez de Estivada. Nos brazos do cruceiro figurarían un dedicado á Virxe das Neves, con Santa Lucía e Santa Bárbara ós lados, que se conserva completo, e outro a San Antonio de Padua, acompañado de Santiago peregrino e San Roque. Os outros dous estarían baixo a advocación da Dolorosa e do Nazareno. Son imaxes de vestir, a primeira de Antonio Fernández, a última semicompleta, con torso, o que non é usual, adornada cos atributos da Paixón e da Santa Face, obra da etapa final do grande escultor Xosé Gambino[4][5].

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 Folgar de la Calle, María del Carmen (1989): Simón Rodríguez: Catalogación Arqueólogica y Artística de Galicia del Museo de Pontevedra. Fundación Pedro Barrié de la Maza (A Coruña).
  2. "Igrexa de Santa María de Dodro". O Baixo Ulla. Consultado o 16/08/2020. 
  3. "Iglesia de Santa María de Dodro". Turismo de Galicia. Consultado o 16/08/2020. 
  4. Alvaro López, Milagros (1997): Gambino : 1719–1772. Editorial Galaxia (Vigo). ISBN 978-84-8288-149-2
  5. López Calderón, Marica (2009): Lenguaje, estilo y modo en la escultura de Francisco de Moure y José Gambino. Tese doutoral dirixida por José M. García Iglesias. Universidade de Santiago de Compostela.

Véxase tamén

Bibliografía