Voda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
== En Galiza ==
== En Galiza ==
En [[Galiza]], tradicionalmente foron maioritarias as vodas católicas, mais a partir do comezo do [[século XXI]] a tendencia foi mudando en favor dos casamentos civís. Foi no ano [[2009]] cando estes últimos superaron por vez primeira a aqueloutras de corte [[Relixión|relixioso]].<ref name="Praza (1)">{{cita novas|título=Só 1 de cada 4 vodas se celebran xa pola Igrexa en Galicia|url=http://praza.gal/movementos-sociais/14501/so-1-de-cada-4-vodas-se-celebran-xa-pola-igrexa-en-galicia/|dataacceso=22 de maio de 2018|xornal=[[Praza.gal]]|data=26 de xuño de 2017}}</ref>
En [[Galiza]], tradicionalmente foron maioritarias as vodas católicas, mais a partir do comezo do [[século XXI]] a tendencia foi mudando en favor dos casamentos civís. Foi no ano [[2009]] cando estes últimos superaron por vez primeira a aqueloutras de corte [[Relixión|relixioso]].<ref name="Praza (1)">{{cita novas|título=Só 1 de cada 4 vodas se celebran xa pola Igrexa en Galicia|url=http://praza.gal/movementos-sociais/14501/so-1-de-cada-4-vodas-se-celebran-xa-pola-igrexa-en-galicia/|dataacceso=22 de maio de 2018|xornal=[[Praza.gal]]|data=26 de xuño de 2017}}</ref>
En [[2016]] casaron en Galiza un total de 9&nbsp;129 parellas, das que 6&nbsp;879 (o 75,35%) fixérono por medio de cerimonias civís e 2&nbsp;250 (o 24,65%) seguiron o rito [[catolicismo|católico]].<ref name="Praza (1)" />
En [[2016]] casaron en Galiza un total de 9&nbsp;129 parellas, das que 6&nbsp;879 (o 75,35%) o fixeron por medio de cerimonias civís e 2&nbsp;250 (o 24,65%) seguiron o rito [[catolicismo|católico]].<ref name="Praza (1)" />


{| class="wikitable"
{| class="wikitable"

Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2020 ás 19:13

Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, no día do seu casamento, en Buenos Aires.

Unha voda,[1] tamén chamada casoiro,[2] casamento,[3] esposorio[4], himeneo[5] ou nupcias[6] é unha cerimonia civil ou relixiosa mediante a que se principia un acordo de matrimonio. A cerimonia componse de varias partes, que poden variar dependendo do rito, aínda que as máis comúns, fundamentalmente na concepción relixiosa do termo, son o intercambio de aneis e os votos nupciais.

En Galiza

En Galiza, tradicionalmente foron maioritarias as vodas católicas, mais a partir do comezo do século XXI a tendencia foi mudando en favor dos casamentos civís. Foi no ano 2009 cando estes últimos superaron por vez primeira a aqueloutras de corte relixioso.[7] En 2016 casaron en Galiza un total de 9 129 parellas, das que 6 879 (o 75,35%) o fixeron por medio de cerimonias civís e 2 250 (o 24,65%) seguiron o rito católico.[7]

Ano Total de
casamentos
Rito civil Rito relixioso
1996 11 551 2 339 (20,25%) 9 212 (79,75%)
1998 11 866 Crecente (crecemento) 2 682 (22,60%) Crecente (crecemento) 9 184 (77,40%) Decrecente
2000 11 955 Crecente (crecemento) 2 676 (22,38%) Decrecente 9 279 (77,62%) Crecente (crecemento)
2002 11 472 Decrecente 3 121 (27,21%) Crecente (crecemento) 8 351 (72,79%) Decrecente
2004 11 339 Decrecente 3 839 (33,86%) Crecente (crecemento) 7 500 (66,14%) Decrecente
2006 11 024 Decrecente 4 506 (40,87%) Crecente (crecemento) 6 518 (59,13%) Decrecente
2008 10 759 Decrecente 4 812 (44,73%) Crecente (crecemento) 5 947 (55,27%) Decrecente
2010 9 675 Decrecente 5 292 (54,70%) Crecente (crecemento) 4 383 (45,30%) Decrecente
2012 9 380 Decrecente 5 767 (61,48%) Crecente (crecemento) 3 613 (38,52%) Decrecente
2014 8 687 Decrecente 5 856 (67,41%) Crecente (crecemento) 2 831 (32,59%) Decrecente
2016 9 129 Crecente (crecemento) 6 879 (75,35%) Crecente (crecemento) 2 250 (24,65%) Decrecente
Tendencia dos casamentos civís e relixiosos en Galiza entre (1996-2016)[7][8]

O casamento na cultura popular galega

  • Casaron a Pedro con Manoela; se ruín é el, ruín é ela.
  • Casou Pedro e non foi mal; casou en terras de pan.
  • Día de casamento, día de contento.
  • O día da voda deixade á noiva que se compoña.
  • O día que me casei, boa cadea me botei.
  • O día que te casas, ou te curas ou te matas.
  • O día que te cases, ten coidado non te manques.
  • Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda.
  • Cásate Xan en domingo,/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás / para que folgue túa dona.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para voda.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para casoiro.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para casamento.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para esposorio.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para himeneo.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nupcias.
  7. 7,0 7,1 7,2 "Só 1 de cada 4 vodas se celebran xa pola Igrexa en Galicia". Praza.gal. 26 de xuño de 2017. Consultado o 22 de maio de 2018. 
  8. Pérez Pena, Marcos (6 de decembro de 2014). "A Igrexa, cada vez con menos voz nos 'Si, quero'". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos