Caroline Lucretia Herschel: Diferenzas entre revisións
m poño modelo Biografía |
m →Outros artigos: un máis |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
* [[:b:gl:A ciencia ten nome de muller|''A ciencia ten nome de muller'']] (en Wikibooks) |
* [[:b:gl:A ciencia ten nome de muller|''A ciencia ten nome de muller'']] (en Wikibooks) |
||
* [[Mujeres matemáticas. Trece matemáticas, trece espejos]] |
|||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión como estaba o 29 de decembro de 2019 ás 09:40
(1829) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1750 Hannover |
Morte | 9 de xaneiro de 1848 (97 anos) Hannover |
Lugar de sepultura | Gartenfriedhof (en) , 193 52°22′11″N 9°44′50″L / 52.36978, 9.74735 |
Datos persoais | |
Residencia | Inglaterra (1772–) |
País de nacionalidade | Reino de Hanôver (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónoma , matemática , cantante |
Empregador | Reino Unido |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Pais | Isaac Herschel (en) e Anna Ilse Moritzen (en) |
Irmáns | William Herschel |
Premios | |
Páxina web | fembio.org… |
Caroline Lucretia Herschel, nada en Hannover o 16 de marzo de 1750 e finada o 9 de xaneiro de 1848, foi unha famosa astrónoma alemá.
Traxectoria
Irmá do famoso William Herschel, tamén astrónomo, compartiu con el unha auto-educación científica. Caroline descubriu varios novos cometas, en particular o de tipo periódico 35P/Herschel-Rigollet, que leva o seu nome. No outono de 1772 reuniuse en Inglaterra co seu irmán, que se establecera como profesor de música en Bath. A partir de aí cooperaron nas investigacións astronómicas e os seus deberes profesionais: ela era a cantante principal nos concertos do oratorio, acadando tanta sona que lle foi ofertada unha invitación para o festival de Birmingham, que declinou.
No 1782 o seu irmán aceptou ser o astrónomo real de Xurxo III de Inglaterra. Carolina foi a súa asistente nas observacións, executando asemade os laboriosos cálculos relacionados con elas. A súa diversión principal era escrutar o ceo cun pequeno telescopio newtoniano. Foi así como detectou no 1783 tres nebulosas, e entre 1786 e 1797 oito cometas, en cinco dos que ten incuestionable prioridade, entre eles o Cometa Encke. O primeiro deles, descuberto o 1 de agosto de 1786, foi tamén o primeiro descuberto por unha muller. O ano seguinte comezou a ser asalariada real polo seu traballo de asistente, o que a converteu na primeira muller recoñecida oficialmente como científica. No 1797 presentou á Royal Society un índice de observacións de John Flamsteed, xunto cun catálogo de 561 estrelas omitidas accidentalmente no British Catalogue, e unha lista de erratas dese catálogo.
Volceu a Hannover no 1822 trala morte do seu irmán, pero xa non abandonou os seus estudos astronómicos, e no 1828 completou a redución comezada en xaneiro de 1800, de 2.500 nebulosas descubertas polo seu irmán. No 1828 a Royal Astronomical Society outorgoulle a medalla de ouro, e no 1835 elixiuna membro honorario. No 1846 recibiu a medalla de ouro do Rei de Prusia.
O asteroide 281 Lucretia foi nomeado polo seu segundo nome, e un cráter luar no Sinus Iridium foi nomeado Caroline Herschel en honra súa.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Caroline Lucretia Herschel |