Caroline Lucretia Herschel
Caroline Lucretia Herschel | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de marzo de 1750 |
Lugar de nacemento | Hannover |
Falecemento | 9 de xaneiro de 1848 |
Lugar de falecemento | Hannover |
Soterrada | Gartenfriedhof |
Nacionalidade | Reino de Hanôver |
Etnia | Pobo alemán |
Ocupación | astrónoma, matemática e cantante |
Pai | Isaac Herschel |
Nai | Anna Ilse Moritzen |
Irmáns | William Herschel |
Premios | Medalla de ouro da Royal Astronomical Society |
Na rede | |
http://www.fembio.org/english/biography.php/woman/biography/caroline-herschel | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Caroline Lucretia Herschel, nada en Hannover o 16 de marzo de 1750 e finada o 9 de xaneiro de 1848, foi unha famosa astrónoma alemá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmá do famoso William Herschel, tamén astrónomo, compartiu con el unha auto-educación científica. Caroline descubriu varios novos cometas, en particular o de tipo periódico 35P/Herschel-Rigollet, que leva o seu nome. No outono de 1772 reuniuse en Inglaterra co seu irmán, que se establecera como profesor de música en Bath. A partir de aí cooperaron nas investigacións astronómicas e os seus deberes profesionais: ela era a cantante principal nos concertos do oratorio, acadando tanta sona que lle foi ofertada unha invitación para o festival de Birmingham, que declinou.
No 1782 o seu irmán aceptou ser o astrónomo real de Xurxo III de Inglaterra. Carolina foi a súa asistente nas observacións, executando asemade os laboriosos cálculos relacionados con elas. A súa diversión principal era escrutar o ceo cun pequeno telescopio newtoniano. Foi así como detectou no 1783 tres nebulosas, e entre 1786 e 1797 oito cometas, en cinco dos que ten incuestionable prioridade, entre eles o Cometa Encke. O primeiro deles, descuberto o 1 de agosto de 1786, foi tamén o primeiro descuberto por unha muller. O ano seguinte comezou a ser asalariada real polo seu traballo de asistente, o que a converteu na primeira muller recoñecida oficialmente como científica. No 1797 presentou á Royal Society un índice de observacións de John Flamsteed, xunto cun catálogo de 561 estrelas omitidas accidentalmente no British Catalogue, e unha lista de erratas dese catálogo.
Volceu a Hannover no 1822 trala morte do seu irmán, pero xa non abandonou os seus estudos astronómicos, e no 1828 completou a redución comezada en xaneiro de 1800, de 2.500 nebulosas descubertas polo seu irmán. No 1828 a Royal Astronomical Society outorgoulle a medalla de ouro, e no 1835 elixiuna membro honorario. No 1846 recibiu a medalla de ouro do Rei de Prusia.
O asteroide 281 Lucretia foi nomeado polo seu segundo nome, e un cráter lunar no Sinus Iridium foi nomeado Caroline Herschel na súa honra.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Caroline Lucretia Herschel |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1
- Irene Cívico e Sergio Parra (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo Penguim Random House. ISBN 978-84-9043-882-4.