Canelones: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Liña 5: Liña 5:
|imaxe = Canelones-Monument.jpg
|imaxe = Canelones-Monument.jpg
|pé = Monumento á bandeira na praza central
|pé = Monumento á bandeira na praza central
|situación = [[Ficheiro:MunCanCanelones.svg|250px]]
|situación = MunCanCanelones.svg
|país = [[Uruguai]]
|país = [[Uruguai]]
|bandeirapaís= {{URYb}}
|bandeirapaís= {{URYb}}

Revisión como estaba o 6 de maio de 2019 ás 08:08

Coordenadas: 34°31′27″S 56°16′54″O / -34.52417, -56.28167 Modelo:Cidade Canelones é unha cidade uruguaia, capital do departamento homónimo. Áchase dentro da Zona metropolitana de Montevideo e contaba cuns 24.300 habitantes no 2010. Ademais de ser a capital, é unha das cidades máis importantes do departamento, na zona sur da República Oriental do Uruguai, atopándose a 40 km de Montevideo e sendo unha cidade dormitorio desta. O seu xentilicio é canario/a e o seu actual intendente é Estanislao Chiazzaro.

Historia

O seu nome orixinal era Villa Guadalupe, creada o 24 de abril de 1783 por orde do vicerrei Juan José de Vértiz, aínda que a historia recoñece ao presbítero Juan Miguel de la Laguna como o seu fundador. Este é quen ten a iniciativa de construír a igrexa parroquial.

A Vila da Nosa Señora de Guadalupe chegou a ser capital da Provincia Oriental en 1813, por decisión de Artigas, ao ser este elixido presidente provisional dos orientais (dos uruguaios). O 27 de xaneiro de 1816 créase o departamento de Canelones, un dos primeiros seis no que se dividía a Provincia Oriental e cuxa primeira xurisdición se estendía desde o Río Santa Lucía até Montevideo.