Michael Collins (astronauta): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
Novo artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de abril de 2019 ás 16:08

Modelo:Astronauta

Michael Collins, nado en Roma, Italia, o 31 de outubro de 1930, foi un astronauta norteamericano.[1][2]

Traxectoria

Collins estudou na escola Saint Albans en Washington, D.C., e no ano 1952 graduouse en ciencias na academia militar de West Point. Traballou como piloto de probas no Centro de Voos de Proba da Forza Aérea na Base Edwards da Forza Aérea, acumulando 5000 horas de voo. Collins formou parte do terceiro grupo de astronautas seleccionados pola NASA en outubro de 1963. Foi astronauta sustituto para a misión Gemini 7 e foi piloto na misión Gemini 10 en 1966. Foi piloto do módulo de mando da misión Apolo 11 en 1969. Deixou a NASA en xaneiro de 1970, pasando a traballar como director do Museo Nacional do Aire e do Espazo en Washington.[1][2]

Notas

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2019). "Collins, Michael" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (setembro de 2015). "MICHAEL COLLINS (MGEN, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2019. 

Véxase tamén

Outros artigos