Meiriño mor: Diferenzas entre revisións
interwiki es Merino mayor, e categoría provisoria Historia de España |
m robot Modificado: es:Merino |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
[[Category:Historia de España]] |
[[Category:Historia de España]] |
||
[[es:Merino |
[[es:Merino]] |
Revisión como estaba o 14 de outubro de 2007 ás 18:56
Un meiriño mor ou meiriño maior era un cargo da administración rexia medieval con competencias administrativas, económicas, políticas e militares.
Era un cargo de designación real e cabeza nunha zona da administración, exercida através doutros cargos como os meiriños menores. O meiriño mor era tradicionalmente un posto de confianza que o monarca confiaba a unha persoa nobre era un cargo moi cobizado.
Historia
Na Galiza a organización administrativa é relativamente temperá e estabelecese antes que no resto do reino de Castela, constituindo desde o ínicio unha entidade administrativa separada. O sistema evoluiu ao longo do século XII, substituindose os anteriores comissa e mandacións por tenzas e os antigos comites (condes) por tenentes [1] A primeira persoa á que se lle pode atribuir o carácter de gobernador xeral da Galiza é Raimundo de Borgoña , ainda que pola súa posición e a súa relación co monarca non se corresponde coa figura que estamos a tratar, pero xa en 1245 aparece claramente un funcionario que detenta o cargo.[2]
As tenzas principais na época eran:
- Trastámara: A provincia da Coruña ao Norte do Tambre
- Montenegro
- Monterroso
- Sarria
- Lemos
- Toroño: O bispado de Tui
- Limia
Estas divisións non eran permanentes e dependian de quen ocupase o cargo, podendose agrupar de maneira diversa baixo un mesmo meiriño.
Referencias
Bibliografía
- Los Adelantados y merinos mayores de León (Siglos XII-XV) Cristina Jular Perez-Alfaro. León: universidad. Servicio de Publicaciones, 1990