Tomé de Mancasola: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Dominicanos; engado a Categoría:Dominicanos de Italia mediante HotCat |
Sen resumo de edición |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
{{ORDENAR:Mancasola, Tome de}} |
{{ORDENAR:Mancasola, Tome de}} |
||
[[Categoría:Dominicanos de Italia]] |
[[Categoría:Dominicanos de Italia]] |
||
[[Categoría:Bispos católicos de |
[[Categoría:Bispos católicos de Uzbekistán]] |
||
[[Categoría:Bispos da Igrexa católica latina]] |
[[Categoría:Bispos da Igrexa católica latina]] |
||
[[Categoría:Bispos católicos do século XIV]] |
[[Categoría:Bispos católicos do século XIV]] |
Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2019 ás 09:13
Modelo:Eclesiástico Tomé de Mancasola ou Tommaso Mancasola foi un monxe dominicano, que chegou a ser bispo de Samarcanda no século XIV.
Traxectoria
A cidade de Samarcanda era nos séculos XIII e XIV un dos principais centros do khanato de Chagatai. Segundo as fontes da época na cidade, xunto ás comunidades nestoriana e ortodoxa había unha misión dos dominicanos traballando.[1] Desta comunidade dominicana, Mancasola e un compañeiro fixeron de embaixadores entre o papa e o khan. Mancasola tería chegado alí logo de pasar por Persia.[1][2]
As boas perspectivas da misión fixeron que o papa Xoán XXII erixise a diocese de Samarcanda en 1329, nomeando a Mancasola primeiro bispo da mesma.[1][2] Mancasola volveu dende Roma a Samarcanda na primavera 1330, mais na súa ausencia a situación política no khanato mudara, co pasamento de Eljigidey (converso ao cristianismo)[2] e cos gobernos de Duwa Temür e Tarmashirin (conversos ao islam), que destruíron igrexas e sinagogas. A situación mudou coa chegada de Buzan.
Mancasola apareceu novamente en Aviñón o 13 de agosto de 1342, e posteriormente volveu a Samarcanda, onde non se ten máis novas del.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Beazley, Charles Raymond (1949). The Dawn of Modern Geography ...: From the middle of the thirteenth to the early years of the fifteenth century (c.A.D. 1260-1420). P. Smith. pp. 240–241.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Sinor, Denis (1969). Inner Asia: History - Civilization - Languages. A Syllabus. Bloomington: Indiana University Press. p. 229.