Cinema de Acerbaixán: Diferenzas entre revisións
m Breogan2008 moveu a páxina "Cine de Acerbaixán" a "Cinema de Acerbaixán" |
m (GR) File renamed: File:Azerbaijanfilm.png → File:Azerbaijan film clapperboard.png Criterion 4 (harmonizing names of file set) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro: |
[[Ficheiro:Azerbaijan film clapperboard.png|right]] |
||
O '''Cine de Acerbaixán''' ou '''cine azarí''' é a industria [[cine]]matográfica do [[Acerbaixán]]. |
O '''Cine de Acerbaixán''' ou '''cine azarí''' é a industria [[cine]]matográfica do [[Acerbaixán]]. |
||
Revisión como estaba o 4 de decembro de 2018 ás 00:35
O Cine de Acerbaixán ou cine azarí é a industria cinematográfica do Acerbaixán.
A industria cinematográfica no Acerbaixán remóntase a 1898. En realidade, Acerbaixán foi un dos primeiros países nos que apareceu a cinematografía. Polo tanto, non é sorprendente que este dispositivo pronto aparecese en Bakú - a finais do século XIX, esta cidade na baía do Mar Caspio estaba producindo máis de 50 por cento da subministración mundial de petróleo. Así como hoxe, a industria do petróleo atraeu estranxeiros dispostos a investir e traballar. En 1919, durante a República Democrática de Acerbaixán, un documental A Celebración do Aniversario da Independencia de Acerbaixán foi filmado o día da independencia de Acerbaixán o 28 de maio, e estreouse en xuño de 1919 en varios teatros de Bakú.[1]
Despois de que a República Socialista Soviética de Acerbaixán fose creada en 1920, Nariman Narimanov, presidente do Comité Revolucionario de Acerbaixán, asinou un decreto nacionalizando o cine de Acerbaixán. Isto tamén influíu na creación de animación no Acerbaixán. En 1920, o primeiro estudio de cinema azarí: Azərbaycanfilm foi fundado por un decreto gobernamental do Comité Estatal de Acerbaixán, con sede en Bakú. O primeiro filme azarí soviético, A Lenda da Torre da Doncela, foi producido en 1924.[1]
En 1991, despois de que Acerbaixán conquistase a súa independencia da Unión Soviética, o primeiro Festival Internacional de Cine Baku Leste-Oeste tivo lugar en Bakú. Hoxe, os cineastas de Acerbaixán teñen problemas semellantes aos enfrontados polos cineastas antes do establecemento da Unión Soviética en 1920. Unha vez máis, tanto a selección de contidos e patrocinio de películas son en gran parte deixadas á iniciativa do cineasta.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Cinema of Azerbaijan - Film.az". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cinema de Acerbaixán |
Ligazóns externas
- Comisión de Cine de Acerbaixán na Afc.az (en inglés).
- Produción Cinematográfica de Acerbaixán na Azerbaijanfilmproduction.com (en inglés).
- / Cinema de Acerbaixán na IMDb (en inglés).
- Cinema of Azerbaijan na Film.az (en inglés).