Aérospatiale SA 315B Lama: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
amplio de en.wiki
Liña 20: Liña 20:


O helicóptero foi fabricado baixo licenza por [[Hindustan Aeronautics Limited]] (HAL) na [[India]], coñecido como o '''Cheetah'''; HAL posteriormente desenvolveu unha versión mellorada, impulsada polo motor [[Turbomeca TM 333]]-2M2, coñecida como '''Cheetal'''. HAL tamén fabricou unha versión armada, comercializada como '''Lancer'''. O modelo tamén foi producido baixo licenza por [[Helibras]] en [[Brasil]] co nome de '''Gavião'''.
O helicóptero foi fabricado baixo licenza por [[Hindustan Aeronautics Limited]] (HAL) na [[India]], coñecido como o '''Cheetah'''; HAL posteriormente desenvolveu unha versión mellorada, impulsada polo motor [[Turbomeca TM 333]]-2M2, coñecida como '''Cheetal'''. HAL tamén fabricou unha versión armada, comercializada como '''Lancer'''. O modelo tamén foi producido baixo licenza por [[Helibras]] en [[Brasil]] co nome de '''Gavião'''.

== Deseño e desenvolvemento ==
O SA 315B Lama foi deseñado orixinalmente para cumprir un requerimento do [[Servizo Aéreo do Exército de Nepal]] e a [[Forza Aérea da India]] para un helicóptero capaz de relizar operacións en condicións quentes e altas. No [[Himalaia]] incluso os helicópteros medios relativamente potentes non podían operar de xeito efectivo, polo que os dous países desexaban un vehículo aéreo capaz de traballar nese ambiente desafiante.<ref name="The Mountain King">{{cite web|url=https://www.verticalmag.com/features/the-mountain-king/|title=The Mountain King|publisher=Vertical|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref> Para conseguir o rendemento desexado [[Aérospatiale]] elixiu combinar elementos de dous pupulares helicópteros da compañía, o [[Aérospatiale Alouette II]] e o [[Aérospatiale Alouette III]], para producir un novo aparello especializado en tarefas a alta altitude. O novo helicóptero, chamado Lama, estaba impulsado polo motor [[Turbomeca Artouste]] do Alouette III e os seus sistemas dinámicos, e equipouse cunha versión reforzada da célula do Alouette II.<ref>{{cite web|url=https://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1975/1975%20-%201262.html|title=Aérospatiale SE 313B Alouette II|publisher=FlightGlobal|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref><ref name="The Mountain King" />

O [[17 de marzo]] de [[1969]] o primeiro SA 315B, equipado cun motor Artouste IIB, realizou o seu primeiro voo.<ref name="The Mountain King" /> O [[30 de setembro]] de [[1970]] o tipo obtivo o seu certificado de aeronavegabilidade e entrou en servizo en xullo de [[1971]]. Debido ao seu bo rendemento a alta altitude, o Lama fíxose rapidamente popular con operadores de todo o mundo, sebdo frecuentemente despregado en ambientes montañosos.<ref name="The Mountain King" /> Ao igual que a serie Alouette, o modelo podía realizar varios roles, como transporte lixeiro de pasaxeiros, tarefas agrícolas, exploración de gas e petróleo, ou loita antiincendios. Entre as tarefas das variantes militares do Lama estaba o enlace, observación, fotografía, rescate, transporte e ambulancia. O SA315B é particularmente axeitado para áreas montañosas debido ao seu rendemento e pode transportar cargas de ata 1 000 kg. En decembro de [[1976]] 68 operadores pediran un total de 191 unidades.<ref>{{cite web|url=https://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1976/1976%20-%202792.html|title=SA.315B Lama|publisher=FlightGlobal|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref>

Un bo número de SA 315B Lama foi fabricado baixo licenza na [[India]] por [[Hindustan Aeronautics Limited]] (HAL) co nome Cheetah. Despois de tres décadas dende o incio da produción na India, HAL aínda recibía pedidos para exportar o Cheetah orixinal. Xunto co Alouette III, o Cheetah foi un produto clave para HAL; a experiencia fabricando este modelo axudou posteriormente ao desenvolvemento de helicópteros avanzados propios como o [[HAL Dhruv]].<ref>Kjelgaard 1982, pp. 1772-1773</ref> Durante os anos 90 HAL desenvolveu un helicóptero de ataque lixeiro baseado no Cheetah, bautizado como Lancer.<ref>{{cite web|url=https://www.flightglobal.com/news/articles/high-hopes-195244/|title=High hopes|publisher=FlightGlobal|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref>

En [[2006]] HAL propuxo unha variante modernizada para o Exército da India designada como Cheetal. O principal cambio foi a adopción dun moderno e máis potente motor Turbomeca TM 333-2M2 no lugar do Artouste. Outras melloras son novos avisos de advertencia, un gravador de voces de cabina, sistema de monitorización de voo, horizonte artificial, e eectrónicas modernizadas. Ese ano a Forza Aérea da India ordeonou 10 Cheetal.<ref>{{cite web|url=http://hal-india.co.in/Product_Details.aspx?Mkey=54&lKey=&CKey=27|title=Cheetal|publisher=HAL|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref><ref name="Cheetal">{{cite web|url=https://www.ainonline.com/aviation-news/defense/2013-03-01/hals-cheetal-meets-indian-armys-urgent-needs|title=HAL’s Cheetal Meets Indian Army’s Urgent Needs|publisher=AINonline|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref> En febreiro de [[2013]] anunciouse que os exércitos da India e do [[Nepal]] asinaran un contrato duns 55 millóns de dólares para a adquisición urxente doutros 20 Cheetal.<ref name="Cheetal" /><ref>{{cite web|url=http://www.business-standard.com/article/pti-stories/army-hal-sign-rs-300-cr-deal-for-20-cheetal-choppers-113022100744_1.html|title=Army, HAL sign Rs 300 cr deal for 20 Cheetal choppers|publisher=Business Standard|accessdate=27 de outubro de 2018}}</ref>

== Notas ==
{{listaref}}

== Bibliografía ==
* Kjelgaard, Chris. [http://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1982/1982%20-%202762.html "HAL spools up."] ''Flight International'', 18 de decembro de 1982.


[[Categoría:Helicópteros]]
[[Categoría:Helicópteros]]

Revisión como estaba o 27 de outubro de 2018 ás 13:48

Aérospatiale SA 315B Lama
Tipohelicóptero utilitario
FabricanteAérospatiale, Helibras, Hindustan Aeronautics Limited
Primeiro voo17 de marzo de 1969
Introducidoxullo de 1971

O Aérospatiale SA 315B Lama é un helicóptero francés dun motor desenvolvido para cumprir os requistos operativos en ambientes quentes e de gran altitude das Forzas Armadas da India. Combina a célula máis lixeira do Aérospatiale Alouette II cos compoñentes e o motor do Alouette III. O Lama ten un rendementoexcepcional a gran altitude; o 21 de xuño de 1972 o tipo estableceu un récord de altitude absoluto para helicópteros de 12 442 metros que non sería superado ata setembro de 2017.

O helicóptero foi fabricado baixo licenza por Hindustan Aeronautics Limited (HAL) na India, coñecido como o Cheetah; HAL posteriormente desenvolveu unha versión mellorada, impulsada polo motor Turbomeca TM 333-2M2, coñecida como Cheetal. HAL tamén fabricou unha versión armada, comercializada como Lancer. O modelo tamén foi producido baixo licenza por Helibras en Brasil co nome de Gavião.

Deseño e desenvolvemento

O SA 315B Lama foi deseñado orixinalmente para cumprir un requerimento do Servizo Aéreo do Exército de Nepal e a Forza Aérea da India para un helicóptero capaz de relizar operacións en condicións quentes e altas. No Himalaia incluso os helicópteros medios relativamente potentes non podían operar de xeito efectivo, polo que os dous países desexaban un vehículo aéreo capaz de traballar nese ambiente desafiante.[1] Para conseguir o rendemento desexado Aérospatiale elixiu combinar elementos de dous pupulares helicópteros da compañía, o Aérospatiale Alouette II e o Aérospatiale Alouette III, para producir un novo aparello especializado en tarefas a alta altitude. O novo helicóptero, chamado Lama, estaba impulsado polo motor Turbomeca Artouste do Alouette III e os seus sistemas dinámicos, e equipouse cunha versión reforzada da célula do Alouette II.[2][1]

O 17 de marzo de 1969 o primeiro SA 315B, equipado cun motor Artouste IIB, realizou o seu primeiro voo.[1] O 30 de setembro de 1970 o tipo obtivo o seu certificado de aeronavegabilidade e entrou en servizo en xullo de 1971. Debido ao seu bo rendemento a alta altitude, o Lama fíxose rapidamente popular con operadores de todo o mundo, sebdo frecuentemente despregado en ambientes montañosos.[1] Ao igual que a serie Alouette, o modelo podía realizar varios roles, como transporte lixeiro de pasaxeiros, tarefas agrícolas, exploración de gas e petróleo, ou loita antiincendios. Entre as tarefas das variantes militares do Lama estaba o enlace, observación, fotografía, rescate, transporte e ambulancia. O SA315B é particularmente axeitado para áreas montañosas debido ao seu rendemento e pode transportar cargas de ata 1 000 kg. En decembro de 1976 68 operadores pediran un total de 191 unidades.[3]

Un bo número de SA 315B Lama foi fabricado baixo licenza na India por Hindustan Aeronautics Limited (HAL) co nome Cheetah. Despois de tres décadas dende o incio da produción na India, HAL aínda recibía pedidos para exportar o Cheetah orixinal. Xunto co Alouette III, o Cheetah foi un produto clave para HAL; a experiencia fabricando este modelo axudou posteriormente ao desenvolvemento de helicópteros avanzados propios como o HAL Dhruv.[4] Durante os anos 90 HAL desenvolveu un helicóptero de ataque lixeiro baseado no Cheetah, bautizado como Lancer.[5]

En 2006 HAL propuxo unha variante modernizada para o Exército da India designada como Cheetal. O principal cambio foi a adopción dun moderno e máis potente motor Turbomeca TM 333-2M2 no lugar do Artouste. Outras melloras son novos avisos de advertencia, un gravador de voces de cabina, sistema de monitorización de voo, horizonte artificial, e eectrónicas modernizadas. Ese ano a Forza Aérea da India ordeonou 10 Cheetal.[6][7] En febreiro de 2013 anunciouse que os exércitos da India e do Nepal asinaran un contrato duns 55 millóns de dólares para a adquisición urxente doutros 20 Cheetal.[7][8]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "The Mountain King". Vertical. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  2. "Aérospatiale SE 313B Alouette II". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  3. "SA.315B Lama". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  4. Kjelgaard 1982, pp. 1772-1773
  5. "High hopes". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  6. "Cheetal". HAL. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 "HAL’s Cheetal Meets Indian Army’s Urgent Needs". AINonline. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  8. "Army, HAL sign Rs 300 cr deal for 20 Cheetal choppers". Business Standard. Consultado o 27 de outubro de 2018. 

Bibliografía

  • Kjelgaard, Chris. "HAL spools up." Flight International, 18 de decembro de 1982.