Saltar ao contido

HAL Dhruv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HAL Dhruv
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Impulsado por
Implicados
 Deseñador/a
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
marzo de 2002 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
20 de agosto de 1992 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Total producido
   335 Editar o valor en Wikidata
 Altura
   4,98 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   15,87 m Editar o valor en Wikidata
 Autonomía
   650 km Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/03rw5b Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O HAL Dhruv é un helicóptero utilitario desenvolvido e fabricado na India por Hindustan Aeronautics Limited (HAL). O desenvolvemento do Dhruv foi anunciado por vez primeira en novembro de 1984, e foi deseñado coa axuda de MBB en Alemaña. O aparello voou por primeira vez no ano 1992; porén, o seu desenvolvemento prolongouse por múltiples factores, incluídos o requirimento do Exército Indio para facer cambios no deseño, restruicións no presuposto, e sancións á India despois das probas nucleares Pokhran-II de 1998.

O Dhruv entrou en servizo no ano 2002. Está deseñado para cumprir os requirimentos tanto de operadores militares como civís, estando as versións militares desenvolvidas para as forzas armadas da India, mentres tamén se desenvolveu unha variante para uso civil e comercial. O helicóptero foi exportado nun primeiro momento a Nepal e a Israel.[1]

As versións militares en produción inclúen variantes de transporte, utilitarios, recoñecemento e evacuación médica. Baseados na plataforma Dhruv, no presente están desenvolvéndose o HAL Light Combat Helicopter (LCH), un helicóptero de ataque, e o HAL Light Utility Helicopter (LUH), un aparello utilitario e de observación. En febreiro de 2017 producíranse 231 unidades do HAL Dhruv para distintos cientes.[2]

  1. "HAL to hand over first export Dhruvs". Business Standard. Consultado o 1 de novembro de 2018.
  2. "HAL to sign orders for 73 copters, 106 trainers". Business Standard. Consultado o 1 de novembro 2018.