Amália Rodrigues: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Maria zaos (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
| nome = Amália Rodrigues
| nome = Amália Rodrigues
| imaxe =[[Ficheiro:Amalia Rodrigues Portugese fado-zangeres op Schiphol, Bestanddeelnr 916-9841.jpg|250px]]
| imaxe =[[Ficheiro:Amalia Rodrigues Portugese fado-zangeres op Schiphol, Bestanddeelnr 916-9841.jpg|250px]]
| lenda = <small>Amália Rodrigues en [[Amsterdam]], 1964<small/>
| lenda = <small>Amália Rodrigues en [[Amsterdam]], 1964</small>
| nome completo = Amália da Piedade Rodrigues
| nome completo = Amália da Piedade Rodrigues
| alias = ''Rainha do Fado''
| alias = ''Rainha do Fado''

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2018 ás 06:51

Modelo:Artista musical

Amália Rodrigues, nada en Lisboa en 1920 e finada no mesmo lugar en 1999, foi unha cantante de fado e actriz portuguesa. Coñecida mundialmente como a Rainha do Fado, e debido ao simbolismo que este xénero musical ten na cultura portuguesa, foi considerada por moitos como unha das súas mellores embaixadoras no mundo.

Ata a súa morte, en outubro de 1999, 170 álbums foran editados co seu nome en 30 países[1], vendendo máis de 30 millóns de cópias en todo o mundo.[2]

Traxectoria

Naceu en Lisboa, na rúa Martín Vaz, na municipalidade da Pena. Nos documentos oficiais, a súa data de nacemento aparece como 23 de xullo. Amália dicía, porén, que o seu aniversario era o 1 de xullo ("no tempo das cereixas").

Deveu coñecida mundialmente como a "Raíña do Fado" e, por consecuencia, debido ao simbolismo que este xénero musical ten na cultura portuguesa, foi considerada por moitos como unha embaixadora do país. Apareceu en varios programos de televisión de todo o mundo.

Bruno de Almeida realizou catro filmes sobre Amália: "Amália, Live in New York City" (un filme-concerto de 1990 dun espectáculo en Nova York no Town Hall - auditorio da cidade), "Amália - unha estraña forma de vida" (un documental de cinco horas, en formato de serie), "Amália - Expo'98" (filme sobre o día dedicado a Amália Rodrigues na Exposición Mundial de 1998 en Portugal), e "A Arte de Amália" (documental de 90 minutos, pensado para unha audiencia internacional, que se estreou no Cinema Cad, en Nova York, en decembro de 2000).

O 6 de outubro de 1999, Amália Rodrigues morreu á idade de 79 anos. Despois de varias protestas públicas, o seu corpo transladouse ao Panteão Nacional, en Lisboa, onde repousan outras grandes figuras portuguesas.

Discografía

  • Perseguição (1945)
  • Tendinha (1945)
  • Fado do Ciúme (1945)
  • Ai Mouraria (1945)
  • Maria da Cruz (1945)
  • Ai Mouraria, 1951/52
  • Sabe-se Lá, 1951/52
  • Novo Fado da Severa (1953)
  • Uma Casa Portuguesa (1953)
  • Primavera (1954)
  • Tudo Isto é Fado (1955)
  • Foi Deus (1956)
  • Amália no Olympia (1957)
  • Povo que Lavas no Rio (1963)
  • Estranha Forma de Vida (1964)
  • Amália Canta Luís de Camões (1965)
  • Formiga Bossa Nossa (1969)
  • Amália e Vinicius (1970)
  • Com que Voz (1970)
  • Fado Português (1970)
  • Oiça Lá ó Senhor Vinho (1971)
  • Amália no Japão (1971)
  • Cheira a Lisboa (1972)
  • Amália no Canecão (1976)
  • Cantigas da Boa Gente (1976)
  • Lágrima (1983)
  • Amália na Broadway (1984)
  • O Melhor de Amália - Estranha Forma de Vida (1985)
  • O Melhor de Amália volume 2 - Tudo Isto é Fado (1985)
  • Obsessão (1990)
  • Abbey Road 1952 (1992)
  • Segredo (1997)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas