Filipe II de Francia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Enuso}}
{{Ficha de nobre
{{Ficha de nobre
|nome = Filipe II de Francia
|nome = Filipe II de Francia

Revisión como estaba o 3 de outubro de 2018 ás 11:12

Filipe II de Francia
Rei de Francia
Selo de Filipe II


Escudo de Filipe II de Francia
Na rede
WikiTree: Capet-12 Find a Grave: 65601035 Editar o valor em Wikidata

Filipe II de Francia, chamado Augusto, nado en Gonesse o 21 de agosto de 1165 e finado en Mantes-la-Jolie o 14 de xullo de 1223, foi o sétimo rei da dinastía dos Capetos, fillo e herdeiro de Luís VII de Francia o Mozo e de Adela de Champaña. Ocupou o trono de Francia entre 1180 e 1223.

Filipe Augusto é un dos monarcas máis admirados e estudados da Francia medieval non só en razón do seu longo reinado, senón tamén polas súas importantes vitorias militares e, sobre todo, polo desenvolvemento dos proxectos levados a cabo para asegurar o poder real fronte ós grandes señores feudais.