Couto de Lampai: Diferenzas entre revisións
m →Marcos |
m →Marcos |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
==Marcos== |
==Marcos== |
||
O couto está definido con catro marcos como lindes do terreo< |
O couto está definido con catro marcos como lindes do terreo<sup>[[#editionnote1|a]]</sup>. |
||
O marco I está a carón do rego de Tarrío (entre [[O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón]] e [[Lampai, Teo]]), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto ''Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit'' (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón). |
O marco I está a carón do rego de Tarrío (entre [[O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón]] e [[Lampai, Teo]]), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto ''Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit'' (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón). |
Revisión como estaba o 10 de setembro de 2018 ás 10:47
O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.
Localización
Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9.
Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.
Marcos
O couto está definido con catro marcos como lindes do terreoa.
O marco I está a carón do rego de Tarrío (entre O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón e Lampai, Teo), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón).
O marco II (entre O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón e Queiruga, Cruces, Padrón) ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.
O marco III (entre O Pedroso do Vendaval, Cruces, Padrón e Pazos -¿Reis?- en Padrón) ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit.
O cuarto marco descubriuse en 2002[1].
Galería de imaxes
Véxase tamén: Imaxes do Couto de Lampai.
-
Marco I[2]
-
Marco II.
-
Marco III.
Notas
- ↑ Os marcos do emperador, en culturagalega.gala
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomenumeración