Couto de Lampai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 22: Liña 22:
''[[:Categoría:Imaxes dos marcos do Couto de Lampai|Véxase tamén: Imaxes do Couto de Lampai.]]''
''[[:Categoría:Imaxes dos marcos do Couto de Lampai|Véxase tamén: Imaxes do Couto de Lampai.]]''
<gallery>
<gallery>
Ficheiro:Marco I do Couto de Lampai (NW).jpg|Marco I
Ficheiro:Marco I do Couto de Lampai (NW).jpg|Marco I<ref name="numeración"/>
Ficheiro:Marco II do Couto de Lampai.jpg|Marco II.
Ficheiro:Marco II do Couto de Lampai.jpg|Marco II.
Ficheiro:Marco III do Couto de Lampai (W).jpg|Marco III.
Ficheiro:Marco III do Couto de Lampai (W).jpg|Marco III.

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2018 ás 10:43

Marco I do Couto de Lampai.

O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.

Localización

Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9.

Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.

Marcos

O couto está definido con catro marcos como lindes do terreo[1].

O marco I está a carón do rego de Tarrío (entre O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón e Lampai, Teo), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón).

O marco II (entre O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón e Queiruga, Cruces, Padrón) ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.

O marco III (entre O Pedroso do Vendaval, Cruces, Padrón e Pazos -¿Reis?- en Padrón) ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit.

O cuarto marco descubriuse en 2002[2].

Galería de imaxes

Véxase tamén: Imaxes do Couto de Lampai.

Notas

  1. 1,0 1,1 Téñase en conta que a numeración dos marcos na publicación de Guitián, na de Gago e nas fotos non é necesariamente a mesma
  2. Os marcos do emperador, en culturagalega.gal

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas