Macrino: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2421351
engado táboa
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Aureus Macrinus-RIC 0079.jpg|miniatura|]]

'''Marcus Opelius Macrinus''', nado en [[Iol Caesarea|Cesarea]] ([[Mauritania]]) no [[164]] e finado en [[Partia]] no [[218]], foi un emperador romano que gobernou co nome de ''Caesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus'', adoptando o ''[[cognomen]]'' dos Severos aínda que non era tal.
'''Marcus Opelius Macrinus''', nado en [[Iol Caesarea|Cesarea]] ([[Mauritania]]) no [[164]] e finado en [[Partia]] no [[218]], foi un emperador romano que gobernou co nome de ''Caesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus'', adoptando o ''[[cognomen]]'' dos Severos aínda que non era tal.



Revisión como estaba o 24 de xullo de 2018 ás 18:31

Infotaula de personaMacrino

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Opellius Macrinus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento164 Editar o valor em Wikidata
Cherchell (Mauritania Cesariense) Editar o valor em Wikidata
Morte218 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Capadocia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehomicidio
pena de morte Editar o valor em Wikidata
Emperador romano
11 de abril de 217 – 8 de xuño de 218
← CaracallaHeliogábalo →
Senador romano
Prefeito do pretório (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Greco-Roman Egypt (en) Traducir, Roman Egypt Era (en) Traducir, principado romano (pt) Traducir e Dinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeNônia Celsa
FillosDiadumeniano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Marcus Opelius Macrinus, nado en Cesarea (Mauritania) no 164 e finado en Partia no 218, foi un emperador romano que gobernou co nome de Caesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus, adoptando o cognomen dos Severos aínda que non era tal.

Foi o primeiro emperador que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou Roma. A súa vida en Roma estivo ligada os xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte de este por Caracalla, foi el o elixido para dirixir os pretorianos.

Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano 217 acompañou a este ao Oriente, onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou augustus ao seu fillo Diadumediano. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai Xulia Donna, dirixiulle unha carta onde se comprometía a manter os seus privilexios.

O perigo para os Severos era que Macrino conseguira asentar o seu imperio, e como tal, Xulia Donna comeza a intrigar para que nomearan emperador o seu sobriño Heliogabalo, e de só 14 anos, cousa que consegue no 218, co visto e prace do Senado e o apoio dunha boa parte das lexións.

Mentres tanto en Oriente, a loita contra os partos non ían ben. Despois da batalla de Nisibis, onde non houbo vencedor nin vencido, Macrino firma unha paz vergoñenta para as armas romanas, e ademais se comprometía a pagar unha forte cantidade a Partia. Esa cantidade foi descontada da soldada do exercito, co conseguinte malestar dos militares. Pouco a pouco o malestar vaise estendendo, e Macrino pronto se atopa só co apoio da lexión Gallia. Nestas condicións en xuño do 218 prodúcese o encontro entre as tropas de Macrino e Heliogábalo, onde se consumou a abandono de Macrino, xa que os pretorianos o deixan en plena batalla. Logra fuxir, pero é recoñecido ao tratar de coller unha embarcación para cruzar o Bósforo e morto en xullo do 218. O seu fillo Diadumediano tentaba de se achegar deica Partia, pero foi detido en Siria, onde morreu pouco despois. O recoñecemento total de Heliogabalo como emperador volta de novo os Severos ao poder.

Imperio Romano

Segue a:
Caracalla
Macrino
Precede a:
Heliogábalo
Severos