Gudesteo: Diferenzas entre revisións
m →Notas: Arranxos varios |
|||
Liña 6: | Liña 6: | ||
== Notas == |
== Notas == |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria]] |
[[Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria]] |
Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 23:43
Gudesteo (fl. 1067-1069) foi un bispo de Iria Flavia e Santiago de Compostela durante o século XI. Sobriño do seu predecesor inmediato, Cresconio, foi nomeado bispo de Iria Flavia polo rei García da Galiza antes do 23 de febreiro de 1067[1]. En conflito con outro tío seu, o conde Froila Arias, este asinou a paz con el e xuroulle fidelidade. Porén, secretamente, o seu tío estaba a conspirar para asasinalo. No ano 1069, cando o bispo observaba a coresma no seu pazo de Iria Flavia, achegáronselle uns emisarios do conde Froila e, tras falar con eles, permitiulles quedar a durmir nos seus apousentos. De noite, mentres o prelado durmía, os emisarios saíron do pazo e foron buscar a Froila, que agardaba co seu exército agochado nun bosque. Os conspiradores entraron pausadamente na cámara onde durmía o bispo e asasinárono[2]. Estes feitos serviron de advertencia a Diego Xelmírez, titular da mesma sé episcopal tempo despois, para que trasladase a súa residencia a Padrón, pois tanto el coma Nuno Afonso, un dos autores da Historia Compostelá, lembraban o asasinato de Gudesteo e temían un ataque similar[3].
Predecesor: Cresconio |
Bispo de Iria Flavia 1067 - 1069 |
Sucesor: Diego Páez |
Notas
- ↑ Portela Silva, Ermelindo (2001). García de Galicia. El rey y el reino. La Olmeda. p. 81. ISBN 84-89915-16-4.
- ↑ Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia Compostelana. Akal. p. 76. ISBN 84-460-0417-8.
- ↑ Portela Silva, Ermelindo (2007). "Diego Gelmírez. Los años de preparación (1065-1100)". Studia historica, Historia medieval (25): 124–125. ISSN 0213-2060.