Iztaccíhuatl: Diferenzas entre revisións
m →Lenda do Popocatépetl e Iztaccíhuatl: Arranxos varios +cda |
m ligar a lonxitude (cartografía) (via JWB) |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
|bgcolor=#e7dcc3|[[Latitude]]:||19° 11′ N |
|bgcolor=#e7dcc3|[[Latitude]]:||19° 11′ N |
||
|- |
|- |
||
|bgcolor=#e7dcc3|[[Lonxitude]]:||98° 39′ W |
|bgcolor=#e7dcc3|[[Lonxitude (cartografía)|Lonxitude]]:||98° 39′ W |
||
|- |
|- |
||
|bgcolor=#e7dcc3|Localización:||[[Estado de México]]-[[Puebla|Estado de Puebla]], [[México]] |
|bgcolor=#e7dcc3|Localización:||[[Estado de México]]-[[Puebla|Estado de Puebla]], [[México]] |
Revisión como estaba o 6 de xullo de 2018 ás 15:33
Iztaccíhuatl | |
---|---|
Volcán Iztaccíhuatl | |
Altitude: | 5286 m (17.342 pés) |
Latitude: | 19° 11′ N |
Lonxitude: | 98° 39′ W |
Localización: | Estado de México-Estado de Puebla, México |
Tipo: | Múltiples volcáns extintos |
Primeiro ascenso: | Época remota anterior aos Aztecas |
Ruta de ascenso máis sinxela: | Ruta dos pés |
Iztaccíhuatl (do nahuatl "Iztac", branco/a e "cíhuatl", muller) é unha montaña e unha princesa mitolóxica azteca que se converteu en deusa. Este artigo trata das dúas.
Iztaccíhuatl é a terceira montaña máis alta de México, despois do Pico de Orizaba (5.610 m) e o Popocatépetl (5.452 m).
Esta montaña ten varios picos, o máis alto a 5.286 m é o denominado "Pecho". Sobresaen tamén a cabeza e os pés. A silueta da montaña, que case sempre está cuberta de neve, ten forma dunha muller deitada co cabelo estendido para o lado oposto do seu corpo. Por esta razón tamén se coñece a montaña como muller durmida. A montaña Iztaccíhuatl encóntrase a uns 70 km ao sueste da Cidade de México e algunhas veces pode verse desde esta. Anteriormente, cando non existía contaminación na Cidade de México, a montaña Iztaccíhuatl e o seu compañeiro Popocatépetl sempre eran visíbeis, dominando parte de horizonte. Do feito anterior e de que a Cidade de México foi o centro cultural, político e económico, primeiro do Imperio Azteca e agora do país México, xeráronse múltiples expresións artísticas e literarias sobre estas montañas.
O primeiro rexistro de ascenso desta montaña data de 1889, mais a evidencia arqueolóxica indica que os Aztecas e incluso culturas anteriores ascenderon esta montaña.
Lenda do Popocatépetl e Iztaccíhuatl
Na mitoloxía Azteca, Iztaccíhuatl foi unha princesa que se namorou dun dos guerreiros do seu pai. O seu pai enviou o namorado a unha batalla ao Estado de Oaxaca, prometéndolle que lle entregaría a súa filla se regresaba vitorioso, o que o seu pai daba por imposíbel. Un pretendente de Iztaccíhuatl díxolle a esta que o seu guerreiro amado morrera na batalla e logrou convencela de casar con el. Cando despois dalgún tempo, o guerreiro regresou vitorioso, Iztaccíhuatl, que xa se entregara ao rufián, e ante a imposibilidade de darlle a súa pureza ao seu amor, matouse, co consecuente suicidio do seu amor. Polo gran amor entre eles os deuses convertéronos en inmensas montañas ao redor do Val de México, Iztaccíhuatl e Popocatépetl, para que eternamente estiveran xuntos recordándolles a todos o seu grande amor.